A colisión de 1983 en Barajas foi un accidente ocorrido o día 7 de decembro de 1983 cando dous avión chocaron en terra no Aeroporto de Madrid-Barajas. O choque produciuse cando un Boeing 727 de Iberia impactou contra un McDonnell Douglas DC-9 de Aviaco, causando a morte de 93 pasaxeiros e tripulantes.

O accidente O 7 de decembro de 1983 un Boeing 727 de Iberia, con rexistro EC-CFJ, que operaba o voo 350 con destino ao Aeroporto de Roma-Fiumicino, estaba autorizado para engalar na pista 01 do Aeroporto de Madrid-Barajas en condicións de brétema espesa. Ao mesmo tempo, un DC-9 de Aviaco, co rexistro EC-CGS que operaba o voo 134, estaba rodando ao final da mesma pista para engalar con destino ao aeroporto de Santander. Cando o Boeing 727 aceleraba para engalar, a tripulación do DC-9 realizou un xiro equivocado no medio da brétema levando ao avión á pista, acabando no medio do camiño do 727. A tripulación do 727 viu ao DC-9 e intentou evitar a colisión rotando o seu avión para engalar, pero o aparello aínda non acadara a velocidade suficiente e a parte de atrás da fuselaxe chocou co DC-9. Ámbolos dous avións incendiáronse e quedaron destruídos; as 42 persoas a bordo do DC-9 morreron, mentres que no 727 foron 51 (50 pasaxeiros e 1 tripulante) das 93 persoas a bordo as que faleceron. Entre as vítimas do DC-9 estaba a actriz mexicana Fanny Cano e entre as do 727 o pianista surafricano Marc Raubenheimer.

Notas

Categoría:Accidentes aéreos en España Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1983 Categoría:Accidentes e incidentes de Boeing 727 Categoría:Accidentes e incidentes de McDonnell Douglas DC-9 Categoría:Accidentes e incidentes de Iberia Categoría:Accidentes e incidentes de Aviaco