Santa Baia de Beiro é unha parroquia situada ao norte do concello de Ourense, a 8 km da capital. Segundo o IGE en 2014 tiña 269 habitantes (133 homes e 136 mulleres), distribuídos entre 8 entidades de poboación, o que supón un aumento con respecto ao ano 1999 cando tiña 218 habitantes. Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.

Patrimonio A igrexa parroquial é de arquitectura románica.Igrexa de Beiro en Turgalicia. O seu tímpano orixinal está nunha casa particular de Turei.

Desta parroquia foi titular o líder agrarista Basilio Álvarez.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Beiro

Parroquias de Ourense

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ourense

Categoría:Parroquias de Ourense Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia