María de la Concepción Alfaya López, nada en Madrid en 1886 e finada na mesma cidade en 1945, foi unha mestra e política española.

Traxectoria Filla de galegos da zona de Cangas de Morrazo. Rematou a carreira de Maxisterio en 1912 con premio extraordinario. Foi profesora da Escola Normal de Mestras de León e despois de Segovia (1922-1936). Foi candidata pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes en 1931, en representación do Partido Republicano vigués, integrado na Alianza Republicana. Foi inspectora de primeiro ensino. Dirixente de Izquierda Republicana de Segovia. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi suspendida de emprego e soldo como profesora da NormalBoletín Oficial de la Provincia de Cáceres, 16-1-1937, p 1-2. e sancionada co embargo de bens e a retención de diñeiro en metálico.

Obras Noticias para la historia económica y social de España. Teorías económico-sociales (1800-1820), 1924. Noticias sobre algunas transformaciones sociales de la post-guerra en Bélgica. Asistencia y beneficencia, 1927. Los bordados populares en Segovia (con Mª Paz Alfaya López), 1930. El mito y la historia. Las clases sociales en Castilla.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Pensionados da JAE Categoría:Misiones Pedagógicas