miniatura|250px|Presas de grelos no mercado Os nabos son un dos cultivos máis populares en Galicia polas condicións climáticas axeitadas para o seu crecemento Eladio Rodríguez, s. v. nabo; "O nabo, tanto a raíz como as follas, é un alimento usado en Galicia desde sempre" (La Voz de Galicia, 3.03.1984., o que explica a súa presenza na cultura popular galega: no léxico xerado ó seu redor, no refraneiro e no cantigueiro.
O nabo seméntase entre xullo e agosto -tempo que xa recomendaba o refraneiro-, en secaño ou regadío, nas mesmas leiras que o millo, o centeo ou o trigo, e xusto cando se colleitan estes, previo arado e estercado; a semente chámase nabiña. Cómese, toda a planta, durante os meses de novembro a maio, tanto para alimento da xente como para o gando. As nabizas ou os grelos úsanse para facer o caldo, ou ben se cocen con patacas e lacón. A raíz, o nabo propiamente dito, empregábase en cachos para facer o caldo aínda que o máis usual é darllo ós porcos ou a outro gando, cocidos con fariña.
Crenzas e supersticións No Salnés crese que o día de entroido se debe quentar o forno, cocer o pan e botar as cinzas na terra para ter unha boa colleita de nabos .
Léxico A nabiza ou rabiza é o primeiro gromo do nabo, as primeiras follas, tenras, que algúns rexeitan por ser doces. Logo produce o bertón ou xeno, que son as follas xa meirandes Nótese que tamén se chaman así os brotes tenros da col ou da verza.. Finalmente, o grelo, cimo ou cimón é a verdura xa no final do ciclo, antes de botar a flor, agrelar ou grelar; o grelo cóllese xusto antes de florecer, que é cando máis amarga e dise que é o mellor momento, coincidindo do entroido, en febreiro La Voz de Galicia, 3.03.1984..
miniatura|page=239|"ARRINCATE-NABO". Xogos infantís En Galicia xogábase ao arríncate-nabo ou arrinca nabos. A Real Academia Galega no seu Diccionario gallego-castellano de 1913-1928 di que é un xogo de mozos que consiste en sentar todos no chan, e entre as pernas de cada un, senta o que lle segue, ao que o anterior suxeita fortemente cos brazos polo van. Só un xogador queda en pé, e este puxa polo primeiro que está sentado intentando erguelo, cousa difícil, porque o suxeita o anterior, e a este o outro, e así os demais, e, ou se erguen todos ou ningún, rodando, regularmente, polo chan. O que puxa acompaña o esforzo con estas verbas: Arríncate, nabo! Real Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano a través de Dicionario de dicionarios.
Locucións Levar un nabo: levar un chasco, unha decepción.
Refraneiro miniatura|300px|Lacón con grelos As rabizas piden unto e os grelos lacón ó punto O libro do porco, 35.. As rabizas queren unto, aceite e allos, todo xunto Cada cousa no seu tempo, e os nabos no advento O Advento é o primeiro período do ano litúrxico cristián, de preparación para o nacemento de Cristo. Celébrase os catro domingos inmediatamente anteriores ó Nadal.Eladio Rodríguez González, s. v. nabo.. Caldo de nabos, non o tires, que dun día para outro sirve . Cando é bo ano é ano de nabos Eladio Rodríguez González, s. v. ano.. Cando pasan nabos, mercalos . De tal terra, tales nabos. Dende as cereixas ós nabos, ben estamos; dos nabos ás cereixas, todas son queixas Eladio Rodríguez González, s. v. cereixa.. Día de Santiago á mañá, nabiños a semear. Febreiro, bertoeiroChámanse bertós ás follas novas que botan os nabos, despois das nabizas e antes dos grelos.. Habendo neboeira o día de San Pedro Fiel, castañas furadas e nabos ruísSan Pedro Fiel é unha aglutinación de San Pedro in Vincula e de San Fins, que se celebran conxuntamente o 1º de agosto.. Nabo, nabiza e grelo, trindade do galego. Nabos e coles, comer de señores . Nabos e fidalgos, raros Marcial Valladares Núñez.. miniatura|300px|Néboa no san Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruís Néboa no san Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruísVer nota a Habendo neboeirao día de San Pedro Fiel.... Rivas Quintas:123; no orixinal: niebla.. O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal. O que non ten que facer seus nabos sacha Marcial Valladares, s. v. sachar.. O sol na eira, e a auga na nabeira Eladio Rodríguez González, s. v. sol.. Os nabos e os peixes no tempo da xiada crecen . Pola Santa Mariña sementa a nabiña; a vella que o decía ben o sabía, que xa sementada a tiña Santa Mariña celébrase o 18 de xullo. Eladio Rodríguez González, s. v. Santa Mariña.. Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar A Virxe do Pilar celébrase o 12 de outubro.. Polo Pilar, os nabos na terra ' o viño a envasar Refraneiro do viño, 54.. Polo Santiago seméntase o nabo. Polo tempo de tódolos Santos mira os nabos; se fosen bos, di que son malos . Por san Vicente pon os nabos da semente. Por santa Mariña sementa a nabiña. Pra coller moitos nabos, por Santiago sementalos. Quen non ten que faguer sacha os nabosJuan Sobreira:Vegetables. Quen queira nabos, vaia arrincalos . Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruís. Se hai neboeiro día San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns. Se o mes de agosto vén craro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.. Se queres ter bos nabos, en San Xoán tes que sementalos . Sol na cibdá, auga no nabal . Tal é a terra, tales nabos leva Juan Sobreira: Papeletas. No orixinal: Tal he a terra.. Viña, pereira e nabal, maos son de gardar Refraneiro do viño, 46..
Cantigueiro Adios, Torneiros do Val,/ despedida de Galicia;/ xa que rilláste-lo nabo/ rillai tamén a nabiza Xaquín Lorenzo Fernández 1973, 31. No orixinal: rillastelo. Torneiros (do Val) é lugar da parroquia de Santa María de Río Caldo, no concello de Lobios, último lugar de Portela do Home camiño de Portugal; de aí que o chamen despedida de Galicia.. Asubírame a unha cerdeira/ e farteime de pexegos bravos/ e veu o dono do cabaceiro/ vaite de aí que me arríca-los nabos Juan Sobreira: Papeletas, s. v. cabaceiro. No orixinal: Asubiram'a unha cerdeyra/ e farteyme de pexegos brabos/ e veo o dono do Cabaceyro/ vayte d'ahí que m'arrica los nabos.. miniatura|300px|... que quede o nabo chantado na terra Entrei nun nabal alleo,/ agarrei un nabo, metino no seo,/ anque me ceiben os cas ó rabo/ léveme o demo si ceibo o nabo; pro si polo nabo ha de vir a guerra/ que quede o nabo chantado na terra Corme, 480. No orixinal: os cás o rabo.. Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro pero estremeira coa de Santa Baia do Araño, en Rianxo. Fermín Bouza-Brey, 202. No orixinal: Teayo.. Miña nai deume unha tunda/ con troncho dunha nabiza;/ miña nai, teña vergoña,/ que vén xente da misa Xaquín Lorenzo Fernández 1973, 99. No orixinal: de unha, ven.. Miña nai ten unto vello/ da cocha que ha de matar,/ mandóume coller rabizas/ ¡e o nabal por sementar! O libro do porco 46.. No nabal do meu sogro/ acitáronme os cas/ e saíu a miña sogra/ cunha chanca na mau;/ coa chanquiña na mau/ i o zapato no pé;/ ela a min tenme rabia,/ eu ben sei por qué é Xaquín Lorenzo Fernández 1973, 109. No orixinal: cás.. Non quero verzas con unto/ nin nabizas con aceite;/ non quero ter man da cabra/ e que outros mamen o leite O libro do porco, 47. No orixinal: berzas.. Non quero verzas con unto/ nin nabizas con aceite;/ pra min non hai cousa boa,/ hasta me fai mal o leite Xaquín Lorenzo Fernández 1973, 111. No orixinal: berzas.. Non quero verzas con unto/ nin nabizas con aceite;/ pra min non hai cousa boa,/ tamén me fai mal o leite . Non quero verzas con unto/ nin nabizas con touciño;/ pra min non hai cousa boa,/ tamén me fai mal o viño . Se me hei de casar contigo,/ válante cinco mil diablos;/ pra atender á paridura/ cómpreme un nabal de nabos Xaquín Lorenzo Fernández 1973, 143.. Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra Corme, 502..
Notas
Véxase tamén Bibliografía ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María: O libro do porco. Colección O Moucho 26. Edicións Castrelos, Vigo 1972. ANÓNIMO: Refraneiro do viño. 505 sentenzas recollidas do pobo, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo 1968. BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: "Etnografía. Cultura material", en Ramón Otero Pedrayo (dir.): Historia de Galiza II, 1962 (reed. Akal 1979). LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: "Cancionero y refranero de Corme", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo VII, cuaderno 3º, 1951, px. 457-507. REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928. RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. SOBREIRA, Juan: Vegetables de Galicia e Justificativos de la nomenclatura botánica gallega (1790), ed. de J. L. Pensado Tomé, Galaxia, Vigo, 1974. SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979. VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano'', Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.
Outros artigos Nabo Grelo
nabo