A praia de La Caleta é unha praia do distrito Leste da cidade de Málaga, en Andalucía, España. Trátase dunha praia urbana de area escura situada no litoral oriental da cidade, entre a praia de La Malagueta e os Baños del Carmen. Ten uns 1.000 metros de lonxitude e uns 20 metros de anchura media. É unha praia popular e frecuentada debido á súa céntrica situación, no barrio de La Caleta. Conta con toda clase de servizos.
Notas
Caleta