O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan (IATA: TPE, ICAO: RCTP) é un aeroporto internacional que serve á capital de Taiwán, Taipei, e á zona norte da illa. Situado a uns 40 km ao leste de Taipei, no distrito Dayuan, é o aeroporto máis grande de Taiwán. É un dos cinco do país con voos internacionais regulares, e é de lonxe o máis concorrido deles. Nel están os principais centros de conexión internacionis de China Airlines e EVA Air.

O aeroporto abriu para operacións comerciais en 1979 e é un importante centro de conexión de pasaxeiros e punto de entrada a destinos asiáticos da rexión. O eroporto foi antigamente coñecido como Aeroporto Internacional Chiang Kai-shek ata que o nome foi cambiado o día 6 de setembro de 2006 para o actual.

O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan é un dos dous aeroportos que serven a Taipei e ao norte de Taiwán; o outro, o aeroporto de Taipei Songshan, está situado dentro dos límites da cidade de Taipei e funcionou como aeroporto internacional da cidade ata 1979. No presente dende Songshan só hai principalmente voos chárter, moitos dos cales son cara e dende China, voos domésticos, e algúns voos internacionais cara distintos lugares da China, Seúl e Tokyo.

En 2016 por Taiwán Taoyuan pasaron 38,6 millóns de pasaxeiros e 1 900 millóns de quilos de carga. O aeroporto é o 11º máis concorrido do mundo en termos de pasaxeiros internacionais, e o 6º en termos de tráfico de mercadorías en 2015.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Categoría:Aeroportos de Taiwán