Alda Neves da Graça do Espírito Santo, nada en San Tomé e Príncipe en 1926 e finada o 29 de marzo de 2010, foi unha escritora e política de San Tomé e Príncipe.
Traxectoria Estudou en Lisboa, onde entrou en contacto coa realidade doutros estudantes das colonias portuguesas, o que a leva a incorporarse aos movementos de emancipación nacional e pasar polas prisións portuguesas.
Logo da independencia do seu país foi ministra de cultura e presidenta da Asemblea Nacional e autora da letra do himno nacional, Indepêndencia total Obra O jornal das ilhas, 1976 (poesía) É nosso o solo sagrado da Terra, 1978 (poesía)
Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de San Tomé e Príncipe Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en San Tomé e Príncipe