A Fundació Bernat Metge é unha institución fundada en 1922 baixo o patrocinio da editorial Alpha e Francesc Cambó. Hoxe forma parte do Institut Cambó e ten como finalidade o fomento do estudo dos clásicos gregos e latinos en lingua catalá, así como a de crear ó longo dos tempos xeracións de humanistas.

A súa actividade principal foi a publicación da colección Fundació Bernat Metge, en catalán, seguindo o modelo das grandes coleccións clásicas europeas (como a Collections des universités de France, coñecida como "la Budé" por ser patrocinada pola Association Guillaume Budé, ou a Bibliotheca Teubneriana de Benediktus Gotthelf Teubner). Iniciouse en abril de 1923 co libro Da natureza das cousas de Lucrecio, traducido por Joaquim Balcells. Os seus directores foron Joan Estelrich (1923-1958) e Carles Riba (1858-1959), quen formou unha escola de tradutores. Despois foi dirixida por un consello directivo integrado por Josep Alsina, Joan Petit i Montserrat (substituído por Jaume Berenguer), Miquel Dolç, Josep Vergés i Fàbregas e Joan Baptista Solervicens.

A colección Fundació Bernat Metge A colección Fundació Bernat Metge recolle a publicación de traducións de autores gregos e latinos ó catalán. As versións, que son publicadas ás veces co texto orixinal, contribuíron a fixar a linguaxe literaria culta en catalán. A colección quedou interrompida entre 1939 e 1946. No presente, dispón de máis de 360 volumes.

A colección, segundo o catálogo editorial, divídese nas seguintes series: Serie Literatura grega Serie Literatura latina Serie Filosofía grega e latina Serie Historia grega Serie Historia latina

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filoloxía Categoría:Premio Creu de Sant Jordi