David Afrisiab Bakhtiari, nado o 31 de maio de 1985 en San Mateo, California, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de offensive tackle para os Green Bay Packers da National Football League (NFL). Formado na Universidade de Colorado, foi elixido no Draft da NFL de 2013 no posto número 109 polos Packers. No ano 2017 foi seleccionado por primeira vez para o Pro Bowl.

Traxectoria Nado en San Mateo, California, é fillo dunha familia de orixe iraniana e islandesa. O seu irmán máis vello xogou ao fútbol americano na liña defensiva da Universidade de San Diego e para os Tennessee Titans da National Football League (NFL). Aacudiu ao Instituto Junípero Serra da súa cidade natal, onde alén do fútbol americano xogou a lacrosse. Tras finalizar a etapa escolar, decidiu xogar para os Buffaloes da Universidade de Colorado, onde se matriculou en Comunicacións. Tras acabar a universidade, presentouse ao Draft da NFL, onde foi escollido na cuarta rolda polos Green Bay Packers. O seu bo rendimento co equipo de Wisconsin levouno a ser escollido entre os mellores da temporada 2016 ao ser seleccionado para a Pro Bowl, alén de ser incluído no segundo equipo ideal da temporada.

Palmarés Pro Bowl (1): 2016 Segundo equipo All-Pro (1): 2016

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina dos Green Bay Packers Perfil na páxina dos Colorado Buffaloes

Categoría:Xogadores dos Green Bay Packers Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no condado de San Mateo, California