A.P. Moller-Maersk (en danés: A.P. Møller-Mærsk Gruppen), máis coñecida pola súa marca Maersk (en dinamarqués: Mærsk) é un grupo de empresas de orixe dinamarquesa. Dende 1996 é o maior operador de contedores do mundo. A empresa operaba máis de 500 buques en 2014, e a finais de 2018 xa contaba con máis de 750 buques, e empregaba a 79.000 traballadores en 130 países.

O grupo cotiza en bolsa, mais está controlado pola familia Moller (en 2018, tiñan o 51%). O 27 de xuño de 2017, sufriu un ataque informático provocado polo virus Petya que lles ocasionou 250 millóns de euros en perdas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web de Maersk Sitio oficial en Twitter Facebook oficial Canle en Youtube

Categoría:Economía de Dinamarca Categoría:Empresas de transporte Categoría:Navegación