María Elena Maseras Ribera, nada en Vila-seca (Tarragona) o 25 de maio de 1853 e finada en Maó (Baleares), en 1905, foi unha médica española, a primeira muller española en matricularse na Universidade, concretamente na Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona, no curso 1872-73.
Traxectoria Comezou os seus estudos como alumna libre en setembro de 1872, ata que foi admitida nas aulas en 1875, sendo ben recibida por compañeiros e profesores.
Aínda que rematou os estudos en 1878, non obtivo a autorización para presentarse ó exame de licenciatura ata xuño de 1882, pois as autoridades burocráticas non sabían que facer ante o feito de que fose unha muller. Finalmente, examinouse o 25 de outubro dese mesmo ano e obtivo a cualificación de excelente.
Non consta que chegase a doutorarse, a diferenza de Dolors Aleu Riera e Martina Castells Ballespí, que, con Elena, foron as tres primeiras mulleres en licenciarse en Medicina, en 1882.
Suponse que, desanimada polas trabas burocráticas que se lle puxeron por ser muller, deixou a medicina e dedicouse ó ensino,Estudou Maxisterio mentres esperaba a autorización para facer a licenciatura en medicina. primeiro en Vilanova i la Geltrú (Barcelona) e, dende 1890, en Maó, onde morreu.
En Maó foi colaboradora habitual de El Pueblo, un xornal local republicano e democrático, onde publicou diversos artigos no eido da saúde, a cultura e o lecer. Pronunciou tamén numerosas conferencias sobre temas relacionados coa saúde e a muller, como A hixiene en harmonía coa cultura da muller ou Necesidade de hixiene nas escolas.
Morreu ó pouco de cumprir 50 anos, dunha enfermidade cardíaca.
Non foi ata o 8 de marzo de 1910 que o Ministerio de Instrución Pública ditou un Decreto Real polo que se permitía, para toda España, o acceso libre das mulleres en tódalas institucións docentes, en igualdade de condicións que os homes.
Recoñecementos O Observatorio de la Igualdad de la Universidade Rovira i Virgili outorga o premio M. Elena Maseras co obxectivo de "promover la incorporación de la perspectiva y los estudios de género en la docencia y en la investigación, y así eliminar discriminaciones y desigualdades entre los hombres y las mujeres en todos los estamentos y funciones de la comunidad universitaria".
En 2016 creouse en Vila-seca (Tarragona) o Centre d'Estudis Vila-secans "Maria Elena Maseras".
Dende o 2 de outubro de 2019, o Colexio Público Número 5 de Miguelturra (Ciudad Real) leva o nome "María Elena Maseras".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
Ligazóns externas Biografía en galeriametges.cat (consultado o 11.02.2017) Laudatio da doutoranda Dª Iris M. Zavala Zapata que pronuncia a doutora Dª Dolores Ramos Palomo (consultado o 11.02.2017) Biografía en mujeresquehacenhistoria (consultado o 11.02.2017) "Elena Maseras, la primera universitaria española" (consultado o 11.02.2017)
Maseras Maseras Maseras