May-Britt Moser, nada en Fosnavåg o 4 de xaneiro de 1963 é unha profesora, neurocientífica e psicóloga norueguesa.

En 2014 foi galardoada co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, compartido con John O'Keefe e Edvard Moser, «polos seus descubrimentos de células que constitúen un sistema de posicionamento no cerebro».

May-Britt Moser xunto con Edvard Moser constitúen o quinto matrimonio ao longo da historia no que ambos os cónxuxes conseguiron obter o premio Nobel.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Psicólogos de Noruega Categoría:Médicos de Noruega Categoría:Nados no condado de Møre og Romsdal Categoría:Nados en 1963 Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo