Daniela Núñez Bachiller, nada en Valladolid o 12 de marzo de 1902, foi unha médico española,Galicia Gráfica, 122, 29-4-1929. a primeira en exercer na cidade da Coruña.
Traxectoria Filla de Ezequiel Núñez Núñez, militar de Betanzos destinado en Valladolid, e da ulmetense Amancia Bachiller Díaz, tivo cinco irmáns: Ezequiel, Luis, Pilar, Carmen e María de la Concepción.
Estudou o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico. Estudou na Facultade de Medicina (1918-1925). Durante o segundo semestre do curso 1927-28 realizou un "Cours de pratique obstetricale et a pris part aux divers exercices" na Clinique obstetricale et gynecologique Tarnier da Facultade de Medicina da Universidade de París. Trasladouse a Coruña, onde instalou unha clínica xinecolóxica. En 1929 volve trasladarse a París para realizar un "Cours de pratique Obstetricale" en xuño.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Esta cita é a primeira nova publicada sobre a figura de Daniela Núñez Bachiller, fóra da publicada coetaneamente en Galicia Gráfica, fonte fundamental para trazar a súa biografía e consultada nos propios orixinais.
Categoría:Médicos de España Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Xinecólogos