X-Ray Spex foi unha banda inglesa de punk rock procedente de Londres e formada no ano 1976. Durante a súa primeira encarnación (1976–79) o grupo publicou cinco sinxelos e un álbum. Porén, o seu primeiro sinxelo, "Oh Bondage Up Yours!", e o seu álbum Germfree Adolescents son considerados hoxe en día clásicos do punk rock. A banda volvería a xuntarse varías veces nos anos 90 e nos 2000, sendo a súa derradeira reunión en 2008. Nunha destas xuntanzas X-Ray Spex editaría o seu segundo álbum, Conscious Consumer.

Discografía Álbum Ano Selo Germfree Adolescents 1978 EMI Conscious Consumer 1995 Receiver

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais formados en 1976