miniatura|dereita|Mapa coas rías altas de Galiza
As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste. Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas"A ría de Santa Marta de Ortigueira pertence ás Rías Altas." Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, def. de Ría, tomo 38, páx. 130, pé de foto. e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:
Ría de Ortigueira Ría do Barqueiro Ría de Viveiro Ría de Foz Ría de Ribadeo O conxunto de caudais que alimenta as rías altas está encadrado na Confederación Hidrográfica Galicia Costa, a excepción dos que nutren a ría de Ribadeo, que o están na Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
Principais portos comerciais e pesqueiros
Na provincia da Coruña:
Porto da Coruña, comercial, pesqueiro e de recreo Ferrol, comercial e militar Cedeira, pesqueiro Malpica de Bergantiños, pesqueiro Cariño, pesqueiro O Barqueiro, pesqueiro
Na provincia de Lugo:
Celeiro, pesqueiro Peirao da Alúmina, para servizo de Alcoa-San Cibrao San Cibrao, pesqueiro e comercial Burela, pesqueiro Foz, pesqueiro Ribadeo, comercial e pesqueiro
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Costa da Morte Rías Baixas Arco Ártabro Costa Ártabra