miniatura|Na novela Martutene, Martine Julia viven no barrio homónimo de Donostia Martutene é unha novela en éuscaro de Ramon Saizarbitoria que foi publicada no ano 2012 que trata sobre as relacións de parella. Ademais a novela toca moitos outros temas, como o traballo do escritor, a medicina e a sanidade e o conflito do País Vasco, entre outros. Está ambientada en Donostia, vivindo Martín e outros personaxes no barrio de Martutene, o cal dá nome á obra. A novela Montauk de Max Frisch é a referencia principal da obra: o nome da rapaza estranxeira é Lynn, a personaxe principal do libro de Frisch.
A novela é o resultado de nove anos de traballo de Saizarbitoria, sendo publicada despois de Kandinskyren tradizioa (2003) e o traballo máis longo que escribiu. Segundo a crítica, está considerada a mellor novela da literatura éuscara dos últimos tempos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Literatura éuscara Ligazóns externas Martutene, Ficha na web da editorial Erein, xunto coa crítica da prensa.
Categoría:Obras literarias de 2012 Categoría:Obras literarias en éuscaro