A libra (lb) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma. A palabra (derivada do latín) significa "escala ou balanza", e aínda é o nome da principal unidade de masa usada agora nos Estados Unidos e nalgúns países de fala hispana.http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-897344

Existen moitas unidades chamadas libra, especialmente na antigüidade, aínda que a libra que se utiliza agora é a libra avoirdupois, polo que se se menciona a palabra "libra" referíndose á masa, enténdese que se está a falar da libra avoirdupois.

Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos e á súa vez un quilogramo é igual a 2,20462262 libras.

Historia Moito despois da caída do Imperio Romano Occidental, as diversas rexións do antigo imperio foron tomando a súa propia maneira de estimar o valor dunha libra, e xurdiron numerosas unidades de masa tamén chamadas libra. A libra latina equivalía a 273 gramos. Aínda que como unidade monetaria de conta usábase a libra grega, de 327,4 gramos.

Durante moito tempo houbo confusións ao pesar unha mercadoría en diferentes unidades denominadas libra. Para acabar co problema, Antoine Lavoisier propuxo substituír as libras e outras antigas unidades en toda Europa, polo gramo, os seus múltiplos e submúltiplos.

Co paso do tempo, todas as nacións europeas abandonaron o uso da libra para substituíla polo quilogramo, pero os Estados Unidos aínda a usan, así como algúns países latinoamericanos cuxas culturas foron en gran medida influídas pola norteamericana durante o século XX, como Porto Rico, O Salvador, Guatemala, Cuba, Ecuador e Panamá.

Libras de uso Os estadounidenses aínda usan dous tipos de libras, aínda que xa empezan a aceptar o quilogramo: Libra avoirdupois (pound avoirdupois, en inglés): é a libra de uso común. Cotiamente só se lle chama pound. Equivale a 453,59237 gramos e tamén a: 7.000 grans 256 dracmas avoirdupois. 16 onzas avoirdupois. 0,071428571428571 stones. 0,04 arrobas.

Libra troy (pound troy, en inglés): este tipo de libra úsase unicamente en xoiaría e ourivaría. Equivale a 373,2417216 gramos e tamén a: 5.760 grans. 240 pennyweights. 96 dracmas troy. 12 onzas troy. En Colombia e Venezuela, utilízase a palabra libra para referirse a 500 gramos.

Libras obsoletas A libra farmacéutica anglosaxoa (pound apothecary, en inglés), era usada nas farmacias e farmacoloxía. Unha libra destas equivale a 373,2417216 gramos, e tamén a: 5.760 grans. 288 escrúpulos. 96 dracmas farmacéuticas. 12 onzas farmacéutica.

A libra castelá foi utilizada amplamente en España e nos seus territorios americanos. Esta libra equivalía a 16 onzas castelás (460,093 gramos). A libra farmacéutica castelá foi utilizada na farmacoloxía española, diferenciándose da libra anglosaxoa. Esta libra equivalía a 12 onzas medicinais (345,06975 gramos). A libra catalá (lliura) equivalía a 400 gramos. Esta libra tamén se dividía en 12 onzas. Outras libras españolas tiñan valores diferentes, como 350 gramos a de Zaragoza, ou 492 gramos (ou 17 onzas) a de Guipúscoa. A libra napolitana, utilizada no reino de Nápoles, equivalía a 320,759 gramos.Luigi Granata: Economia rustica per lo regno di Napoli.

Forma de lectura das libras como unidade de medida de masa O máis común é que unha libra se divida en 16 onzas. A lectura realízase contando as libras totais e o menor á libra dividido en 16 unidades. Exemplo: 1 libra con 12 onzas.

A libra como padrón monetario A primeira emisión de moeda en Roma, efectuada no século IV a. C., foi o As Libral, cuxo peso estaba baseado no da libra grega, e era de 327,4 gramos de prata. O resto de moedas emitidas ao longo da súa historia, tales como os denarios e sestercios, estaban baseadas en divisores deste padrón monetario.

No ano 800 Carlomagno adoptou a libra de 489,6 gramos divisible en 2 marcos. Utilizouse como padrón para a medida das moedas, estabelecéndose que cada libra equivalía a 20 soldos ou a 240 diñeiros.

Soamente existía o diñeiro como moeda real. Os soldos, marcos e libras eran unidades de conta. 1 libra = 20 soldos = 240 diñeiros (cuxo nome provén de denario).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Tonelada Onza (masa) Nó (náutica) Unidade de masa atómica Joule Newton (unidade) Atmosfera (unidade) Caloría Pascal (unidade)

Ligazóns externas Libras a quilos . Converter libras a quilogramos, . U.S. National Institute of Standards and Technology Special Publication 811, . National Institute of Standards and Technology Handbook 130, .

Categoría:Unidades de masa Categoría:Unidades de medida históricas