Mongolia Interior (en mongol: 35px Öbür Monggol e cirílico: Өвөр Монгол, Övör Mongol, en ), oficialmente coñecida como Rexión Autónoma de Mongolia Interior (), é unha rexión autónoma da República Popular da China, que se atopa no norte do estado. Contén a maior parte da fronteira da China con Mongolia (o resto da fronteira entre a China e Mongolia está na rexión autónoma de Xinjiang e na provincia de Gansu) e un pequeno anaco da fronteira con Rusia. A súa capital ié Hohhot, e outras cidades salientables son Baotou, Chifeng e Ordos.
A Rexión Autónoma foi estabelecida no ano 1947, incorporando as áreas das provincias da antiga República da China, Suiyuan, Chahar, Rehe, Liaobei e Xing'an, xunto coas partes setentrionais de Gansu e Ningxia. É a terceira meirande subdivisión da China, abranguendo aproximadamente 1 200 000 km² ou o 12% da área total da China. Segundo o censo de 2010, tiña unha poboación de 24 706 321 de persoas, representando o 1,84% da poboación total do estado. Mongolia Interior é a 23ª división administrativa máis poboada do país. A maioría da poboación é da etnia han, cunha salientable minoría mongol. As linguas oficiais son o mandarín e o mongol, sendo a última escrita en escritura tradicional mongol, ó contrario que o alfabeto cirílico que é empregado polo estado de Mongolia.
Demografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Goberno rexional de Mongolia Interior
Categoría:Provincias da China