Relay 2 foi un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de xaneiro de 1964 mediante un foguete Thor Delta B desde o centro espacial de Cabo Cañaveral.

Características Relay 2 foi, ao igual que Relay 1, un satélite de comunicacións que levaba a bordo tamén algúns instrumentos científicos para estudar os cintos de radiación arredor da Terra.

A nave estabilizábase mediante xiro, inicialmente cunha velocidade de 173 rpm. En Relay 2 elimináronse os fallos que producían problemas na resposta de Relay 1 a algúns comandos. A bordo levaba un transmisor para seguimento e outro para telemetría. Un dos transmisores comezou a ter problemas o 20 de novembro de 1966, tardando en acender máis tempo do normal, para acabar fallando o 20 de xaneiro de 1967. O outro transmisor deixou de funcionar o 9 de xuño de 1967.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Relay 1 Thor Delta B

Categoría:Satélites artificiais