A dos branquiópodosbranquiópodos no dicionaro da RAG. (Branchiopoda) é unha clase de crustáceos. Entre eles están as artemias, os tríops, os antes chamados concostráceos, as pulgas de auga Ver exemplo. e o grupo do Devoniano dos Lepidocaris. Son principalmente animais pequenos, a maioría de auga doce, que se alimentan de plancto e detritos.

Descrición

Os branquiópodos teñen a característica común de presentar branquias en moitos dos apéndices do animal, incluíndo algunhas das pezas bucais. Disto procede o nome do grupo (branquiópodos=branquias nas patas). Xeralmente posúen ollos compostos e un cacho, que pode ser unha cuncha de dúas valvas que encerran o tronco (como en moitos cladóceros), ou ser ancho e pouco profundo (como nos notostráceos), ou enteiramente ausente (como nos anostráceos). Nos grupos nos que o cacho impide o uso das patas do tronco para nadar (os cladóceros e concostráceos e os extintos lipostráceos), usan as antenas para a locomoción, como na larva nauplius. Os machos dos anostráceos teñen un par de antenas agrandadas co cal agarran as femias durante o apareamento, mentres que nos notostráceos, que se alimentan no fondo, as antenas están reducidas a un tamaño vestixial. As patas do tronco baten cun ritmo metacrónico, causando un fluxo de auga ao longo da liña media do animal, do cal extraen oxíxeno, obeñen comida e, no caso dos Anostraca e Notostraca, serven para o movemento.

Ecoloxía

Os únicos branquiópodos mariños son os cladóceros; todos os demais grupos son de augas continentais doces, incluíndo pozas temporais e lagos salgados. A maioría dos branquiópodos comen detritos flotantes ou plancto, que capturan usando as sedas dos seus apéndices.

Taxonomía

Nos tratamentos taxonómicos iniciais, os membros actuais dos Branchiopoda situábanse todos nun só xénero, Monoculus. O taxon Branchiopoda foi creado por Pierre André Latreille en 1817, inicialmente coa categoría taxonómica de orde.

Anostraca miniatura|Artemia salina (Anostraca: Artemiidae)

Os Anostraca miden xeralmente de 6 a 25 mm de longo (excepcionalmente ata 170 mm. A maioría das especies teñen 20 segmentos corporais, que levan 11 pares de filopodos con forma de folla (patas nadadoras), e o corpo carece de cacho. Viven en pozas temporais ou vernais e lagos hipersalinos de todo o mundo, incluíndo pozas que se forman nos desertos, en lagos de montaña cubertos de xeo e na Antártida. Nadan "cabeza abaixo" e aliméntanse por filtración de partículas orgánicas da auga ou raspando algas pegadas a superficies. Son un importante alimento para moitas aves e peixes, e son cultivados e colleitados para usalos como comida para peixes. Hai 300 especies distribuídas en 8 familias. Un exemplo son as artemias.

Lipostraca

Os Lipostraca conteñen unha soa especie, Lepidocaris rhyniensis, fósil, que é o animal máis abundante nos depósitos de chert de Rhynie, Escocia. Lembran os modernos Anostraca, cos cales están probablemente moi relacionados, aínda que as súas relacións con outras ordes non están claras. O corpo ten unha lonxitude de 3 mm, con 23 segmentos corporais e 19 pares de apéndices, pero sen cacho. Os fósiles aparecen principalmente entre carófitas, probablemente no que eran pozas temporais alcalinas.

Notostraca

A orde Notostraca comprende a única familia dos Triopsidae. Os dous xéneros da familia, Triops e Lepidurus, están considerados fósiles viventes, e non cambiaron significativamente desde o Triásico. Teñen un cacho plano e ancho, que oculta a cabeza e leva un par de ollos compostos. O abdome é longo, parece estar segmentado e leva numerosos pares de patas aplanadas. O telson está flanqueado por un par de ramas (rami) caudais delgadas e longas. A plasticidade fenotípica dentro do taxon fai que sexa difícil a identificación a nivel de especie, e ademais presenta variacións no modo de reprodución. Os notostráceos son os branquiópodos de maior tamaño e son omnívoros que viven no fondo de pozas temporais e lagos pouco fondos.

Laevicaudata, Spinicaudata e Cyclestherida

Os que antes se chamaban concostráceos (que despois foron divididos en tres grupos) son animais bivalvos que levan vivindo na Terra polo menos desde o Devoniano. Crese hoxe que os tres grupos non forman un clado. Teñen de 10 a 32 segmentos no tronco, que diminúen en tamaño da parte frontal á posterior, e cada un leva un par de patas, que tamén levan branquias. Un músculo forte pode pechar as dúas metades en que se divide a súa cuncha.

Cladocera

miniatura|dereita|Daphnia pulex (Cladocera: Daphniidae)

Os Cladocera son unha orde de pequenos crustáceos normalmente chamados pulgas de auga. Recoñecéronse polo momento unhas 620 especies, e hai moitas máis aínda non descritas. Viven en todos os hábitats acuáticos continentais, pero son raros nos océanos. A maioría miden de 0,2 a 6,0 mm de longo, cunha cabeza dobrada cara a atrás, e un cacho que cobre os seus abdome e tórax aparentemente insegmentados. Teñen un só ollo composto en posición media. A maioría das especies presentan partenoxénese ciclica, na que a reprodución asexual é ocasionalmente suplementada pola reprodución sexual, que produce ovos de resistencia que permiten que a especie sobreviva a duras condición e se disperse a hábitats distantes.

Evolución O rexistro fósil dos branquiópodos remóntase polo menos ao Cámbrico superior e posiblemente máis atrás. O grupo crese que é monofilético, e os Anostraca son o primeiro grupo que se ramificou. Crese que o grupo evolucionou no mar, pero foi forzado a vivir en pozas temporais e lagos hipersalinos pola evolución dos peixes óseos. Aínda que eran previamente considerados un grupo irmán do resto dos crustáceos, agora acéptase xeralizadamente que os crustáceos forman un grupo parafilético, e que os Branchiopoda son irmáns dun clado que comprende os Xenocarida (Remipedia e Cephalocarida) e Hexapoda (insectos e os seus parentes). Actualmente clasifícanse nos seguintes grupos:

Notas

Categoría:Branquiópodos