miniatura|dereita|Ganso doméstico (Anser) miniatura|dereita|Gansos do xénero Chen

A dos Anserini (anserinos) é unha tribo de aves anseriformes da familia dos anátidos e subfamilia dos anatinos (os gansos), que comprende tres xéneros.

Taxonomía Descrición A tribo foi descrita en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson (1723-1806)..

Etimoloxía O nome científico Anserini está formado sobre a base do nome do xénero tipo, Anser, coa adición do sufixo do latín científico -ini, propio dos nomes das tribos de animais.

Xéneros Os tres xéneros vivos da tribo son: Anser, o ganso gris, entre o que está o ganso doméstico (branco), Chen, ás veces incluído en Anser como un subxénero; a American Ornithologists' Union (AOU) recoñéceo como xénero, pero para outras autoridades é un subxénero, Branta: o ganso do Canadá, o ganso sangano e o ganso de Hawai, entre outros.

Especies Velaquí a lista de xéneros e especies actuais recoñecidos para esta tribo segundo a versión 5.2 do Congreso Ornitolóxico Internacional e o ornitólogo e taxonomista Alan P. Peterson:. Congreso Ornitolóxico Internacional: Anatidae na orde Anseriformes [arquivo] . Consultado o 13 de decembro de 2015.Alan P. Peterson: Anatidae en Anseriformes [arquivo]. Consultado o 13 de decembro de 2015.

Xénero Anser Brisson, 1760 Anser cygnoides (Linnaeus, 1758) Anser fabalis (Latham, 1787) Anser serrirostris Gould, 1852 Anser brachyrhynchus Baillon, 1834 Anser anser (Linnaeus, 1758) Anser albifrons (Scopoli, 1769) Anser erythropus (Linnaeus, 1758) Anser indicus (Latham, 1790) Xénero Chen Boie, 1822 Chen caerulescens (Linnaeus, 1758) Chen rossii (Cassin, 1861) Chen canagica (Sevastianov, 1802) Xénero Branta (Scopoli, 1769) Branta canadensis (Linnaeus, 1758) Branta hutchinsii (Richardson, 1832) Branta sandvicensis (Vigors, 1834) Branta bernicla (Linnaeus, 1758) Branta leucopsis (Bechstein, 1803) Branta ruficollis (Pallas, 1769)

Fósiles Os fósiles de gansos son difíciles de asignar a un xénero; coñécense fósiles desde hai 10 millóns de anos no Mioceno.

O nome Anser atavus (que significa "ganso proxenitor") de hai 12 millóns de anos ten incluso máis plesiomorfías en común cos cisnes que cos gansos.

Ademais, algunhas aves similares a gansos coñécense por subfósiles encontrados nas illas Hawai.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Anátidos Anatinos

Ligazóns externas Anatidae media na Internet Bird Collection.

Categoría:Anátidos