Os merópidos (Meropidae), coñecidos como abellarucosBUSCcatermos abellaruco, que dá como referencias: "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada." Chioglossa, 1 (1999): 121-138. Guía das aves de Galicia. A Coruña, Baía Edicións, 1991 Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005. "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. VV. AA. (2012). Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo. ou abelleiros, son unha familia de aves que comprende 3 xéneros e 27 especies. A maioría das especies encóntranse en África e Asia, cunhas poucas no sur de Europa e Australia e Nova Guinea. En Galicia atópanse o abellaruco europeo (Merops apiaster) e, máis raramente, o abellaruco persa (Merops persicus). A familia caracterízase por ter unha plumaxe ricamente coloreada, corpos esveltos, e xeralmente plumas centrais da cola alongadas. Todas as especies teñen longos bicos curvados cara a abaixo e ás de tamaño medio a longo, que poden ser apuntadas ou arredondadas. A plumaxe de machos e femias xeralmente é similar.
Como o seu nome suxire, os abellarucos comen predominantemente insectos voadores, especialmente abellas e avespas, que capturan no aire botándose a voar desde un pousadeiro aberto. Eliminan o aguillón dos insectos elimínano golpeándoos repetidamente e fretándoos sobre unha superficie dura. Durante este proceso, aplican presión sobre o insecto para extraerlle a maioría do veleno.
A maioría dos abellarucos son gregarios. Forman colonias, aniñan en buratos escavados en bancos de area verticais, a miúdo na beira dun río, ou nun chan plano. Como viven principalmente en colonias, poden verse un gran número de niños xuntos. Os ovos son brancos, e a posta normalmente é de cinco ovos. A maioría das especies son monógamas, e ambos os pais coidan as crías, ás veces coa axuda doutros paxaros emparentados da colonia.
Aos abellarucos poden matalos aves de presa, os seus niños son saqueados por roedores e serpes. Poden portar varios parasitos. Algunhas especies víronse afectadas negativamente pola actividade humana ou a perda de hábitats, pero ningún deles é considerado vulnerable segundo os criterios da Unión Internacional para a Conservación da Natureza, e todos están avaliados como en situación "menos preocupante". A súa rechamante aparencia fixo que fosen mencionados por escritores antigos e incorporáronse á mitoloxía.
Taxonomía miniatura|Merops ornatus
Os abellarucos foron agrupados cientificamente por primeira vez polo erudito francés Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, que creou a para eles a subfamilia Meropia en 1815. O nome, agora denominado Meropidae, deriva de Merops, o nome do grego antigo do "abellaruco".
Os abellarucos considéranse relacionados con outras familias, como as Coraciidae (carracas entre outros), Upupidae (bubelas) e Alcedinidae (picapeixes ou martiños peixeiros), pero os devanceiros desas familias diverxeron dos abellarucos hai polo menos corenta millóns de anos, polo que o seu parentesco é distante. Os fósiles de abellarucos son escasos. Hai fósiles desde o Plistoceno (desde hai 2 588 000 a hai 11.700 anos) que se encontraron en Austria, e hai outros do Holoceno (desde hai 11.700 anos á actualidade) atopados en Israel e Rusia, pero todos son do actual abellaruco europeo (Merops apiaster). As opinións varían en canto a cales son os parentes máis próximos dos abellarucos. En 2001, Fry considerou que os picapeixes eran os parentes máis probables, mentres que un amplo estudo publicado en 2008 encontrou que os abellarucos son un grupo irmán de todos os Coraciiformes (Coraciidae, Brachypteraciidae de Madagascar, Todidae do Caribe, Motmotidae e Alcedinidae). Un libro de 2009 apoiou a opinión de Fry, pero un estudo posterior de 2015 indicou que os abellarucos son irmáns dos Coraciidae. Os traballos de 2008 e 2015 ligaban ambos os picapeixes cos motmótidos do Novo Mundo.
Os abellarucos teñen xeralmente un aspecto moi similar, aínda que están normalmente divididos en tres xéneros. O xénero Nyctyornis comprende dúas grandes especies con longas plumas na gorxa, o N. athertoni e o N. amictus, ambos de ás arredondadas, un bordo dorsal da mandíbula superior cristado, orificios nasais con plumas e un estilo de vida relativamente pouco activo. O Meropogon forsteni é o único membro do xénero Meropogon, que é intermedio entre Nyctyornis e os abellarucos típicos, e ten ás arredondadas e unha "barba", pero a parte dorsal da mandíbula superior é máis suave e non teñen plumas nos orificios nasais. Todas as demais especies clasifícanse normalmente no xénero Merops. Algúns teñen estreitas relacións con outros dentro do xénero; por exemplo, o Merops bulocki e o Merops bullockoides forman unha superespecie, pero xéneros que anteriormente se propuxeran, como Aerops, Melittophagus, Bombylonax e Dicrocercus, non foron xeralmente aceptados durante décadas desde que un artigo de 1969 os uniu na disposición actual nun só xénero, Merops.
Especies en orde taxonómica miniatura|upright|Nyctyornis amictus
A familia dos abellarucos comprende as seguintes especies:
Xénero: Nyctyornis Nyctyornis amictus Nyctyornis athertoni Xénero: Meropogon Meropogon forsteni Xénero: Merops Merops pusillus Merops persicus, abellaruco persa Merops orientalis Merops albicollis Merops hirundinaeus Merops philippinus Merops gularis Merops muelleri Merops mentalis Merops bulocki Merops bullockoides Merops variegatus Merops oreobates Merops breweri Merops revoilii Merops boehmi Merops viridis Merops superciliosus Merops ornatus Merops apiaster, abellaruco europeo Merops leschenaulti Merops malimbicus Merops nubicus Merops nubicoides
Algunhas autoridades dividen Merops orientalis en tres especies, unha asiática, Merops orientalis, outra de Arabia, M. cyanophrys, e outra africana, M. viridissimus.
Un estudo de 2007 de ADN nuclear e mitocondrial deu lugar a unha posible árbore filoxenética, aínda que a posición do Meropogon forsteni parece anómala, xa que aparece entre as especies de Merops.
Descrición miniatura|Especies de Merops como o Merops bullockoides xeralmente teñen unha banda de cor negra nos ollos.
Os abellarucos son un grupo morfoloxicamente bastante uniforme. Comparten moitas características co grupo relacionado dos Coraciiformes, como os picapeixes, carracas e outros, como ter cabezas grandes (aínda que menos que os seus parentes), pescozo curto, plumaxe rechamante e patas curtas. As súas ás poden ser arredondadas ou afiadas, e a forma das ás correlaciónase estreitamente co hábitat onde procuran comida as distintas especies e as súas tendencias migratorias. As ás máis curtas e arredondadas encóntranse en especies que son sedentarias e fan normalmente voos curtos para buscar comida en bosques densos e xunqueiras. As que teñen ás máis alongadas son máis migratorias. Todos os abellarucos son moi aéreos; engalan con potencia desde os sitios onde pousan, voan directamente sen ondulacións e poden cambiar de dirección rapidamente, aínda que raramente pairan.
As plumas de voo das ás constan de 10 rémixes primarias, das cales as máis externas son moi pequenas, e 13 secundarias e teñen 12 rectrices na cola.
Os bicos dos abellarucos son curvados, longos e de punta moi aguda. Poden peteirar con moita forza, especialmente coa punta, pero tamén usan o bico como uns fórceps cos cales atrapar insectos no aire e esmagar presas pequenas. As curtas patas teñen pés febles e cando se moven no chan camiñan arrastrando os pés. Os pés teñen garras agudas usadas para agarrarse a superficies verticais e tamén para a escavación dos niños.
A plumaxe da familia é xeralmente moi rechamante e na maioría das especies é principalmente ou polo menos parcialmente verde, aínda que Merops nubicus e Merops nubicoides son principalmente de cor rosa. A maioría dos Merops teñen unha banda negra na zona do ollo e moitos teñen gorxas e caras de diferentes cores. A extensión da cor verde nestas especies varía desde case cubrir practicamente todo o corpo no Merops orientalis a case nada no Merops albicollis. Tres especies, de África ecuatorial, non teñen nada de cor verde na plumaxe, o Merops gularis, o Merops muelleri e o Merops malimbicus. Moitas especies teñen as plumas centrais da cola alongadas.
A maioría das especies da familia teñen pouco dimorfismo sexual visible, aínda que en varias especies o iris é vermello nos machos e vermello acastañado nas femias, e en especies con plumas longas na cola estas poden ser lixeiramente máis longas nos machos. Tanto o Merops apiaster europeo coma o Nyctyornis amictus teñen diferenzas baseadas no sexo na cor da plumaxe, e a femia do Merops ornatus ten unhas plumas da cola máis curtas que o macho, e estas terminan cunha forma de maza que non teñen os machos. Hai exemplos nos que os abellarucos son sexualmente dicromáticos na parte ultravioleta do espectro de cor, que os humanos non poden ver. Un estudo feito no Merops philippinus encontrou que os machos eran máis coloridos que as femias en luz ultravioleta. A súa cor global tamén estaba afectada pola mellor ou peor condición corporal, o que suxire que había un compoñente de sinalización na cor da plumaxe. Os individuos novos son xeralmente similares aos adultos, excepto nas dúas especies de Nyctyornis nas que os individuos novos son principalmente verdes.
Os abellarucos emiten chamadas que son características para cada especie. A maioría soan bastante simples aos oídos humanos, pero mostran variabilidade significativa cando se estudan en detalle, e dan información significativa para as aves.
Distribución e hábitats miniatura|upright|O Nyctyornis athertoni está asociado cos bosques, onde se alimenta no límite dos hábitats.
Os abellarucos están distribuídos no Vello Mundo e viven desde Europa a Australia. O centro da diversidade da familia é África, aínda que varais especies tamén aparecen en Asia. Unha soa especie vive en Europa (Merops apiaster), Australia (Merops ornatus) e Madagascar (Merops supercilliosus, que tamén se encontra na África continental). Dos tres xéneros da familia, Merops, que contén a maioría das especies, dáse en toda a área de distribución da familia. Nyctyornis está restrinxido a Asia, estendéndose desde India ao sur da China e ás illas indonesias de Sumatra e Borneo. O xénero Meropogon ten unha soa especie endémica de Sulawesi, Indonesia.
Os abellarucos son bastante indiscriminados na súa elección de hábitat. Os seus requirimentos son simplemente ter un pousadeiro elevado desde o cal observar a presenza de presas e un terreo cun substrato axeitado no cal escavar os seus buratos para nidificar. Como capturan as súas presas no aire non dependen de ningún tipo de vexetación. Unha soa especie, a Merops muelleri, encóntrase en bosques pechados nos que se alimenta preto do chan con pouca luz nos espazos entre grandes árbores. Outras seis especies están tamén moi asociadas coas selvas, pero aparecen nos límites do hábitat, como ao longo dos ríos, en espazos deixados por árbores caídas, en árbores en cantís ou sobre copas de árbores senlleiras que asoman no dosel do bosque.