Historia de un oso é unha curtametraxe chilena de animación dirixida por Gabriel Osorio Vargas con guión co-escrito por Daniel Castro e producido por Pato Escala Pierart. A curtametraxe está inspirado no avó do director, Leopoldo Osorio, que despois do golpe de estado chileno de 1973 foi encarcerado por dous anos, e despois viuse obrigado a vivir no exilio durante a ditadura.Bear Story punkrobot.clA Short Animated Film by UDLA Professors, "Bear Story," Wins 2016 Oscar Laureate International University O filme foi un éxito da crítica, gañando o Oscar á mellor curtametraxe animada na 88ª edición dos premios. Foi a primeira produción chilena e a primeira animación latinoamericana en gañar un Oscar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina web oficial
Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes de Chile Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada