RS-27A é a designación dun tipo de motor foguete utilizado na primeira etapa de varios foguetes Delta.

Características Os motores RS-27A eran fabricados por Rocketdyne e funcionaban alimentados por osíxeno líquido e queroseno (RP-1). Tiñan un pulo de 890,1 kN a nivel do mar e usábanse na primeira etapa dalgúns modelos dos foguetes Delta 6000 e Delta 7000 e nos Delta III.

O RS-27A estaba formado en realidade por un motor principal RS2701B e dous foguetes vernier LR101-NA-11. Foi usado por primeira vez nos Delta II, en 1989, substituíndo ao motor RS-27.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta 6000 Delta 7000 Delta III RS-27 RS-27C

Categoría:Motores foguete