A lingua selk'nam ou lingua ona, é unha lingua propia do pobo selk'nam, unha tribo indíxena da Illa Grande da Terra do Fogo, no punto máis meridional de América do Sur.
Forma parte da familia das linguas chon da Patagonia. O selk'nam está case extinto por mor do xenocidio selk'nam realizado por inmigrantes europeos a finais do século XIX, a alta taxa de mortalidade por epidemia, e a desaparición da súa sociedade tradicional. Hai fontes que estabelecen que o derradeiro falante fluído nativo morreu na década de 1980,Adelaar, Willem (2010). "South America". In Christopher (ed.), Atlas of the World's Languages in Danger, 3rd Edition. UNESCO. pp. 86-94. mentres outras apuntan a existencia de dous falantes superviventes no 2014.Rojas, Luis (2014). A Heritage Reference Grammar of Selk'nam. Manuscript. Keyuk Yantén, un rapaz chileno con devanceiros selk'nam,El joven que está reviviendo un idioma agonizante e Herminia Vera, unha muller selk'nam arxentina que finou no 2014,Rojas-Berscia, Luis Miguel (2014). A Heritage Reference Grammar of Selk'nam. Tesis de maestría. Nijmegen: Radboud Universiteit Nijmegen. eran quen de comunicarse na lingua, aínda que só como semifalantes ou falantes cun coñecemento pasivo limitado da lingua. O nome "ona" provén da lingua yámana e prevaleceu sobre selk'nam, nome que eles utilizaban para autodenominarse.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Hammarström, Harald; Forkel, Robert; Haspelmath, Martin; Bank, Sebastian, eds. (2016). ["Ona" http://glottolog.org/resource/languoid/id/onaa1245]. Glottolog 2.7. Jena: Max Planck Institute for the Science of Human History.
Categoría:Linguas chon Categoría:Linguas da Arxentina Categoría:Linguas de Chile Categoría:Linguas mortas de América do Sur Categoría:Pobo selk'nam