Francisco José Ramón Castaño Otero, coñecido como Ruco, nado en Pontecesures o 28 de xuño de 1906 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Comisionista. Afiliado á Agrupación Socialista Obrera de Oficios Varios La Fraternidad de Padrón, que formaba parte da UGT o do PSOE. En 1931 dirixiu o semanario El Escarabajo de Pontecesures. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Padrón e foi trasladado á prisión de Compostela o 30 de agosto. Xulgado en consello de guerra en Compostela o 16 de novembro con Andrés Rey Baltar, Jaime Caamaño Comparada, Antoliano Correa Jamardo e José Millares Gil acusado de traizón, foron condenados a pena de morte.El Compostelano, 17-11-1936, p. 2. Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936.
Notas
Categoría:Políticos do PSOE
Categoría:Xornalistas de Galicia
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados