Bernardus Marinus "Ben" Pon nado en Amersfoort, Países Baixos o 9 de decembro de 1936 é un ex deportista olímpico e expiloto de competición dos Países Baixos. Competiu nunha carreira de Fórmula 1, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962, pero tivo unha andaina moito máis larga competindo con coches deportivos, antes de dar as costas á competición para concentrarse no comercio do Viño. Tamén representou aos Países Baixos en tiro nos Xogos Olímpicos de 1972, terminando o 31º.
Vida O seu pai, Ben Pon, Sr., era un importador de Volkswagen Escaravello nos Estados Unidos, e considérase o "pai" do Volkswagen Volkswagen Tipo 2 debido ao seu interese inicial e a participación no proxecto.
Ben Pon era amigo persoal do piloto de Fórmula Un Carel Godin de Beaufort. Beaufort era o propietario do equipo privado Ecurie Maarsbergen que proporcionoulle un Porsche 787 para que correra no Gran Premio holandés en Zandvoort, de 1962, no seu Gran Premio de casa o 20 de maio de 1962. Non puido rematar a carreira debido a un accidente, que envorcou o seu coche encima, lanzando a Pon fóra da carlinga. Como resposta, Pon xurou non competir nunca máis cos monoprazas, e nos anos seguiron permaneceu fiel á súa palabra, mentres que logrou moitos éxitos nas carreiras de coches deportivos, pilotando tamén un Porsche. Pon retirouse das carreiras de autos deportivos profesionais en 1965.
Desde a súa retirada no campo deportivo, Pon volveu a súa atención ao comercio do viño. Agora é coñecido polo seu Bernardus Winery en Carmel Valley, California, e é dono do negocio de venda de viños máis antigo dos Países Baixos.
Rexistro de carreiras Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase voltas Pos. ClasePos. 1961 Porsche System Engineering Herbert Linge Porsche 356B Abarth GTL S 1.6 284 10º 1º 1962 Porsche System Engineering Carel Godin de Beaufort Porsche 356B Abarth GT 1.6 35 Ret Ret 1963 Porsche System Engineering Heinz Schiller Porsche 356B 2000GS GT GT 2.0 115 Ret Ret 1964 Racing Team Holland Henk van Zalinge Porsche 904/4 GTS GT 2.0 319 8º 2º 1965 Auguste Veuillet Robert Buchet Porsche 904/4 GTS GT 2.0 224 Ret Ret 1967 Porsche System Engineering Vic Elford Porsche 906K Carreira 6 S 2.0 327 7º 1º
Resultados Completos na Fórmula Un (Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Ecurie Maarsbergen Porsche 787 Porsche 547/6 1.5 F4 NEDRet MON BEL FRA GBR ALE ITA USA RSA NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bernadus Winery website Profile on F1 Rejects Biography of Bernadus Pon Who's Who of Volkswagen
Categoría:Nados en 1936 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Países Baixos Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Maarsbergen Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados nos Países Baixos