Adoración dos pastores é un cadro pintado por O Greco (Domenikos Theotokopoulos, 1541-1614). Este óleo sobre tea mide 320 centímetros de alto e 180 cm de ancho, e foi executado entre 1612 e 1614, posiblemente durante o último ano da vida do Greco (en 1618, o axudante do Greco, Luis Tristán, afirmou que o seu mestre estivera a traballar no cadro até a súa morte). Consérvase no Museo do Prado de Madrid que o adquiriu en 1954. Descrición O cadro representa un tema tradicional da pintura no que os pastores son testemuñas do nacemento de Cristo en Belén, producíndose pouco tempos despois do nacemento real. Foi un tema moi solicitado e moi empregado polo Greco até o punto que ao morrer, en 1614, atopáronse oito cadros co mesmo tema.

Esta obra foi realizada polo artista para estar exposta sobre a súa propia tumba no altar maior na igrexa do Mosteiro de Santo Domingo o Antigo en Toledo.Tazartes (2004), p. 172 A sinatura do Greco, en grego, pode verse no recuncho inferior esquerdo.De El Greco a Cézanne (catálogo), La adoración de los pastores , 130

Consérvase outra versión, moi semellante, no Museo Nacional de Arte de Bucarest, da que os especialistas aceptan a autoría do Greco. Hoxe acéptase que esta foi a versión realizada para o Colegio de Nuestra Señora de la Encarnación de Madrid (ou Colexio de dona María de Aragón).Álvarez (2001), p. 39

Análise artística A composición amosa unha estrutura en espiral creando cun movemento de ascensión.Cirlot (2007), p. 73 Como en tóda-las obras tardías do Greco, esta, caracterízase pola extrema distorsións dos corpos, que é unha característica co seu estilo manierista. As cores son brillantes e as formas e as poses estrañas crean unha sensación de momento marabilloso e de éxtase, cando os pastores e mailos anxos celebran o milagre do neno que vén de nacer. Este aparece envolto en brillantez e un manto branco, que son recursos adoptados das iconas bizantinas, semella emitir unha luz propia que se reflicte nas facianas dos pastores descalzos que se xuntaron para render homenaxe ao nacemento milagroso.

A pintura presenta un ritmo interior, que se reflicte nos movementos das figuras. Tamén destacan os fortes contrastes entre zonas iluminadas e zonas escuras que realzan a escena.

O Greco amosa unha forte influencia dos pintores venecianos e, de xeito especial nesta obra, de Jacopo Massano, tanto na relevancia das cores como da factura pois, igual que o cadro de Massano, a Virxe tamén retira o pano que tapa a Cristo para convertelo en fonte de luz.Cámara (2012), pp. 149-150

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Adoración dos pastores (O Greco, Bucarest)

Ligazóns externas Museo do Prado – Páxina web oficial Ficha na páxina web do Museo do Prado Adoración dos pastores na Web Gallery of Art

Categoría:Obras pictóricas de El Greco Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Obras pictóricas de 1612 Categoría:Maneirismo