José Ramón Dosio López, nado en Paradela cara a 1901 e finado en Lugo o 29 de xullo de 1937, foi un político galego.
Traxectoria Mecánico. Militante do PSOE. Foi alcalde de Paradela en 1931. Presidente do Sindicato de Trabajadores de Loio. Foi tenente-alcalde en 1933 e novamente despois do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil de Portomarín o 20 de xullo, con outros compañeiros, cando ceaban nunha taberna ao seu regreso de Lugo e Sarria. Foron trasladados ao cárcere de Sarria.
Xulgados en Lugo en consello de guerra, foron acusados de rebelión militar por requisar armas o 18 e 19 de xullo, e desprazarse a Lugo o 20 para defender o Goberno Civil e incendiar a reitoral de Castro. Dosio foi condenado a pena de morte e fusilado en Lugo o 29 de xullo de 1937.El Pueblo Gallego, 30-7-1937, p. 8. Xunto con Daniel Pérez López, José López López, Marcelino López López, Avelino Rodríguez López e Juan Abella Armesto foron condenados polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1940 ao pago de 50.000 pesetas en concepto de responsabilidade civil.BOE, 9-4-1940, p. 1792.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Memorial de infamias en Paradela
Categoría:Alcaldes de Paradela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Paradela Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos