Elías López Armesto, coñecido como Pájaro, nado en Teilán (Bóveda) en 1911 e finado na mesma parroquia en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Irmán de José López Armesto. Incorporouse á guerrilla e foi membro da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, e un dos lugartenentes de Xosé Castro Veiga. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba e Xosé Arias Fernández en febreiro de 1948.El Progreso, 29-2-1948, p. 2, O 22 de xuño de 1949 os disparos do garda civil infiltrado Francisco Cano Román acabaron coa vida dos seus compañeiros Manuel Fernández Soto e Bernardo Álvarez Trabajo en Teilán. Elías resultou malferido, conseguiu fuxir e refuxiarse no monte, onde morreu pouco tempo despois. Un pastor atopou o seu cadáver devorado por animais case un mes máis tarde. Foi soterrado no cemiterio de Teilán, nun lugar diferente ao dos outros dous guerrilleiros.La última tumba del guerrillero de Teilán

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Bóveda Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes