Lars Olof Nathan Söderblom, nado en Trönö (Suecia) o 15 de xaneiro de 1866 e finado en Uppsala o 12 de xullo de 1931, foi un teólogo e crego luterano sueco, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1930.

Primeiros anos Foi fillo dun pastor pietista e descendente dun bispo de Oslo. En 1886 licenciouse en linguas clásicas, entrando posteriormente no Seminario de Teoloxía.

Traxectoria eclesiástica Foi ordenado en 1893 e posteriormente enviado a París como embaixador da Igrexa de Suecia, cargo que mantivo até 1901. En París relacionouse con moitos suecos e noregueses residentes na cidade, como Alfred Nobel e August Strindberg.

En 1914 foi elixido arcebispo de Uppsala, converténdose no primado da Igrexa de Suecia.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do Instituto Nobel, Premio Nobel da Paz 1930

Categoría:Bispos da Igrexa de Suecia Categoría:Teólogos luteranos Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Santos do cristianismo Categoría:Nados no condado de Gävleborg‎ Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Premios Nobel de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Personalidades do ecumenismo