Manuel Vázquez Olmo, nado en Samos cara a 1908 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un xastre e político galego.

Traxectoria Veciño do Incio. Foi detido pola Garda Civil en maio de 1934 como presunto autor dun roubo no comercio de José Díaz García con Benigno Díaz González e o seu irmán Pedro Vázquez Olmo.El Pueblo Gallego, 8-5-1934, p. 11. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado no cárcere de Sarria o 2 de febreiro de 1937. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 12 de maio de 1937 con Balbino Cerdeiras Rey, José Vázquez Liz e Lisardo Sotelo Pérez.El Progreso, 13-5-1937, p. 4. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Samos Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1908 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos