San Xiao de Mos é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2014 tiña 207 habitantes (107 homes e 100 mulleres), 35 menos que no padrón municipal de 2004 (124 homes e 118 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación. En 1999 tiña 263 habitantes.

Rexístranse aquí os primeiros exemplares da raza da galiña de Mos.

Nesta parroquia foi achado un depósito de moedas romanas —antoninianos— do século III d.C., coñecido como Tesouro de San Xiao de Mos."B.6. San Xiao de Mos (Castro de Rei)". En Balseiro García, A. et al. (2021). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxina 773. ISBN 978-84-89157-85-9"Tesouriño de San Xiao de Mos (Castro de Rei, Lugo)". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. Páxina 56. ISBN 978-84-8192-573-9Arias Vilas, F.; Cavada Nieto, M. (2004). “Revisión dun tesouriño de Antoninianos achado na Terra Chá (Lugo) e resultado das análisis metalográficas”. En Boletín CROA 14. Amigos do Museo do Castro de Viladonga. Páxinas 17-25.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Xiao de Mos

Parroquias de Castro de Rei

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tesouro de San Xiao de Mos

Categoría:Parroquias de Castro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao