Os tinamiformes son unha orde de aves que vive en México, Centroamérica e Suramérica, que comprende unha única familia, a dos tinámidos (Tinamidae), dividida en dúas subfamilias con 47 especies. Moitas veces se lles dá en xeral o nome común de tinamús (palabra da lingua caribe galibí), aínda que tamén hai un xénero especificamente denominado Tinamus;BUSCatermos Tinamú no Brasil chámaselles iñambús a algunhas das especies. É un dos grupos vivos de aves máis antigos, que aparece no rexistro fósil desde o Mioceno. Os tinamús consideráronse tradicionalmente un grupo irmán das aves non voadoras ratites, pero traballos máis recentes sitúanas dentro da radiación das ratites, o que implica que as ratites basais podían voar. Son xeralmente sedentarias, viven no chan e, aínda que poden voar se queren, sempre que lles é posible evitan voar e prefiren agocharse ou correr cando notan algún perigo. Encóntranse en diversos hábitats, desde praderías alpinas semiáridas a bosques tropicais. As dúas subfamilias están moi separadas polos seus hábitats, xa que os Nothurinae son tinamús de estepa e campo aberto e os Tinaminae son tinamús de bosque.

Aínda que algunhas especies son bastante comúns, os tinamús son aves tímidas e silenciosas. Son activas durante o día, e retíranse a pousadeiros de noite. Xeralmente teñen plumaxe críptica, e os machos e femias son similares en aparencia, aínda que as femias son xeralmente máis grandes. Aliméntanse de forma oportunista e omnívora, consumindo unha ampla variedade de plantas e animais, desde froitos e sementes a vermes, insectos e pequenos vertebrados. Danse baños de po e lávanse poñéndose baixo a chuvia. É máis fácil oílos que velos, xa que se comunican entre eles con diversas chamadas características, que emiten frecuentemente, especialmente durante a estación reprodutora.

Con excepcións ocasionais, un macho de tinamú defende un territorio e lugar de nidificación durante a estación reprodutora, que visitan sucesivas femias, todas as cales poñen ovos no mesmo niño. As femias vagan por varios territorios apareándose cos machos e poñendo ovos nos niños do macho residente. Os niños fanos sempre no chan, agochados entre a vexetación ou entre rochas. Os ovos son relativamente grandes e brillantes, xeralmente de vivas cores cando os poñen, e son incubados polos machos durante un período de dúas a tres semanas. Os pitiños poden correr axiña que eclosionaron e son en boa medida autosuficientes ás tres semanas de vida.

Os tinamús e os seus ovos teñen moitos predadores naturais, desde falcóns e vampiros a xaguares. Tamén foron cazados en grandes cantidades polos humanos e ás veces perseguidos como pragas agrícolas. Porén, a principal ameaza para as súas poboacións é a destrución do hábitat debido á deforestación e ao desenvolvemento agrícola. Sete das especies están na lista de IUCN de especies vulnerables e outras sete como case ameazadas. Entraron na mitoloxía dos pobos indíxenas da súa área de distribución. A miúdo foron trasladados a outros lugares e crían doadamente en catividade, pero nunca se conseguiu domesticalos.

Taxonomía e sistemática miniatura|As moas Dinornis robustus e Pachyornis elephantopus, ratites de Nova Zelandia que son curmás extintas dos tinamús

A familia Tinamidae consta dunhas 47 especies en nove xéneros. As dúas subfamilias son os Nothurinae (tamén coñecida como Rhyncotinae), que son os tinamús de estepa, e os Tinaminae, os tinamús de bosque. "Tinamidae" foi definida por Gauthier e de Queiroz (2001): "Tinamidae refírese ao clado coroa separado do antepasado común máis recente dos Tetrao [Tinamus] major Gmelin 1789 e todas as aves existentes comparten un antepasado máis recente con esas especies que con Struthio camelus Linnaeus 1758 e Vultur gryphus Linnaeus 1758." As súas semellanzas con outras aves que viven no chan como as perdices e megápodos é o resultado da converxencia e simplesiomorfia e non de innovacións evolutivas compartidas.

Orixinados en Gondwana, os tinamús son membros das ratites, que comprenden as Palaeognathae ("mandíbula antiga"), mentres que todas as outras aves vivas pertencen ás Neognathae ("mandíbula nova"). A diferenza doutras palaeognatas, os tinamús teñen un esterno con quilla, pero igual que outras palaeognatas, teñen un distintivo padal. Críase anteriormente que os Tinamiformes separáranse das ratites cedo debido a que conservan o esterno con quilla. A posesión polos tinamús de plumas de penuxe pulverulentas e de glándula uropixial, das que carecen as ratites, foi causa de confusións ao determinar a súa taxonomía. A familia do tinamú considérase monofilética. Os estudos filoxenómicos situáronos como grupo irmán das ratites de Australasia e Oceanía (é dicir, os casuarios, emús e kiwis), dentro da árbore filoxenética das ratites, cos ñandús de Suramérica e as avestruces de África como sucesivos grupos externos (outgroups). As investigacións publicadas en 2010 atoparon que os tinamús son un grupo irmán das extintas moas de Nova Zelandia; as moas están emparentadas máis distantemente cos emús e casuarios do que se cría anteriormente. Estes descubrimentos implican que a evolución da perda da capacidade de voar ocorreu independentemente moitas veces na evolución das ratites.

Rexistro fósil

As aves voadoras Lithornithidae que viviron do Paleoceno ao Eoceno parecen que foron os precursores estruturalmente máis similares dos tinamús, e puideron ser ancestrais con respecto a eles e tamén con respecto ás ratites, aínda que as súas relacións precisas non están claras. O fósil máis antigo que é inequivocamente un tinamiforme data do Mioceno, pero os taxons similares a ratites sen capacidade de voar do Paleoceno poden pertencer tamén a este grupo.Agnolin et al, Unexpected diversity of ratites (Aves, Palaeognathae) in the early Cenozoic of South America: palaeobiogeographical implications. Artigo en Alcheringa An Australasian Journal of Palaeontology - xullo de 2016 DOI: 10.1080/03115518.2016.1184898

Atopáronse varios fósiles de tinamús na Formación Santa Cruz do Mioceno temperán a medio de hai entre 16 e 17 millóns de anos e o contemporáneo, ou lixeiramente máis antigo da Formación Pinturas da provincia de Santa Cruz da Patagonia Arxentina, incluíndo o tinámido Crypturellus reai. Os fósiles asociados indican que o palaeoambiente local ao principio deste período foi caracterizado por un clima húmido, subtropical, con vexetación forestal, facéndose co tempo máis seco e máis aberto. Algúns dos materiais fósiles de tinamús parecen ser intermedios entre as dúas subfamilias, suxerindo que o período coincide coas orixes da radiación dos Nothurinae nos hábitats de campo aberto en expansión.

Atopáronse fósiles de Nothurinae clasificados como Eudromia e Nothura na Formación Cerro Azul do Mioceno tardío da rexión da Pampa do centro do sur da Arxentina. Os timamús descritos a partir de materiais do Plioceno inclúen: Eudromia olsoni Tambussi & Tonni, 1985, Nothura parvulus Rovereto, 1914 e Nothura padulosa Mercerat, 1897. Os xéneros fósiles do Plioceno Cayetornis Brodkorb e Tinamisornis Rovereto foron considerados sinónimos de Nothura e Eudromia, respectivamente. Atopáronse fósiles que teñen afinidades con varios xéneros existentes en depósitos do Plistoceno.

Relacións entre os xéneros Cladograma dos xéneros de tinamús baseado nunha combinación de datos morfolóxicos e moleculares analizados por Bertelli e Porzecanski (2004)

Especies

miniatura|Tinamus major miniatura|Nothocercus nigrocapillus miniatura|Crypturellus cinereus miniatura|Rhynchotus rufescens miniatura|Nothoprocta cinerascens miniatura|Nothura boraquira miniatura|Tinamotis ingoufi

Clave do status de conservación: VU – especie vulnerable NT – case ameazada LC – menos preocupante

Orde Tinamiformes Huxley 1872 [Crypturi Goodchild 1891; Dromaeomorphae Huxley 1867] Family Tinamidae Xénero †Querandiornis Rusconi 1958 †Querandiornis romani Rusconi 1958 Subfamilia Tinaminae Xénero Tinamus Tinamus guttatus – NT Tinamus tao – VU Tinamus solitarius – NT Tinamus osgoodi – VU Tinamus major – NT Xénero Nothocercus Nothocercus bonapartei – LC Nothocercus julius – LC Nothocercus nigrocapillus – VU Xénero Crypturellus †Crypturellus reai Chandler 2012 Crypturellus berlepschi – LC Crypturellus soui – LC Crypturellus cinereus – LC Crypturellus ptaritepui – LC Crypturellus obsoletus – LC Crypturellus undulatus – LC Crypturellus transfasciatus – NT Crypturellus strigulosus – LC Crypturellus duidae – NT Crypturellus erythropus – LC C. (e.) saltuarius (o seu status taxonómico actualmente non está claro) A SACC en 2006 non aprobou a separación, e BLI imitouna. C. (e.) idoneus (o seu status taxonómico actualmente non está claro) A SACC en 2006 non aprobou a separación, e BLI imitouna. C. (e.) columbianus (o seu status taxonómico actualmente non está claro) A SACC en 2006 non aprobou a separación, e BLI imitouna. Crypturellus noctivagus – NT Crypturellus atrocapillus – NT Crypturellus cinnamomeus – LC Crypturellus boucardi – LC Crypturellus kerriae – VU Crypturellus variegatus – LC Crypturellus brevirostris – LC Crypturellus bartletti – LC Crypturellus parvirostris – LC Crypturellus casiquiare – LC Crypturellus tataupa – LCSubfamilia Nothurinae Xénero Rhynchotus Rhynchotus rufescens – LC Huayco tinamou, Rhynchotus maculicollis – LC Xénero Nothoprocta Taczanowski's tinamou, Nothoprocta taczanowskii – VU Ornate tinamou, Nothoprocta ornata – LC Chilean tinamou, Nothoprocta perdicaria – LC Brushland tinamou, Nothoprocta cinerascens – LC Andean tinamou, Nothoprocta pentlandii – LC Curve-billed tinamou, Nothoprocta curvirostris – LC Xénero Nothura †Nothura paludosa Mercerat 1897 †Nothura parvula (Rovereto) Tambussi 1989 [Tinamisornis parvulus Rovereto; Cayetanornis parvulus (Rovereto) Brodkorb 1963] White-bellied nothura, Nothura boraquira – LC Lesser nothura, Nothura minor – VU Darwin's nothura, Nothura darwinii – LC Spotted nothura, Nothura maculosa – LC Chaco nothura, Nothura chacoensis – LC Xénero Taoniscus Dwarf tinamou, Taoniscus nanus, also known as least tinamou – VU Xénero Eudromia †Eudromia intermedia (Rovereto 1914) [Tinamisornis intermedius Rovereto 1914 non Dabbene & Lillo 1913; Roveretornis intermedius (Rovereto 1914) Brodkorb 1961] †Eudromia olsoni Tambussi & Tonni 1985 [Tinamisornis intermedius Dabbene & Lillo 1913 non Rovereto 1914; Eudromia elegans intermedia (Dabbene & Lillo 1913)] Eudromia elegans – LC Eudromia formosa – LC Xénero Tinamotis' Tinamotis pentlandii – LC Tinamotis ingoufi – LC

Descrición miniatura|dereita|Vista ventral do cranio do Rhynchotus rufescens

Os tinamús son aves repoludas e compactas con pescozos delgados, cabezas pequenas e normalmente peteiros curtos curvados, aínda que algúns teñen peteiros longos. As femias son xeralmente máis grandes que os machos. A especie máis pequena, o Taoniscus nanus, pesa uns 43 g e ten unha lonxitude de 14,5 cm. As femias da especie máis grande, o Tinamus tao, pesan uns 2 kg cunha lonxitude de 49 cm. Os pés teñen tres dedas cara a adiante; e a deda traseira pode ser máis grande e retrocedida ou estar ausente. A parte de atrás do tarso está cuberta de escamas, cuxa cor axuda á identificación.