A lista dos reis sumerios é un documento excepcional deixado polos escribas sumerios, escrito en lingua sumeria, en escritura cuneiforme, que enumera os sucesivos reis hexemónicos.
Esta lista preséntase a historia do país como unha sucesión de dinastías que, instaladas en distintas cidades, espallan o seu dominio sobre as demais e por todo o país de Sumer.
Os primeiros reis son dubidosos e os seus períodos imposíbeis, pero despois vanse acercando máis á historia comprobada, aínda que se omiten dinastías, e outras danse como sucesivas cando foron contemporáneas. Os reis de Asiria e os de Babilonia tamén tiveron este de tipo de listas. O primeiro rei mencionado que hai identificado por inscricións é Megabaresi de Kish, contemporáneo de Gilgamesh. O primeiro gobernante da lista que é claramente histórico é Lugal-Zage-Si de Uruk do século –XXIII, que conquistou Lagash, que á súa vez foi conquistada por Sargón de Acad.
Os autores omitiron desta lista a dinastía de Lagash, que gobernara Sumer e podía situarse entre a Segunda Dinastía de Kish e a Segunda Dinastía de Uruk. Ur-Nanxe ocupou o trono de Lagash cara ao 2520 a. C. e, daquela, a cidade dominaba o territorio de Sumer. El sería o primeiro rei da dinastía Lagash, continuada por varios reis que ampliaron o seu dominio como Eannatum I (c. 2470 a.C. a 2430 a.C.) que foi o máis importante desta dinastía. Os seus sucesores foron perdendo territorios aos poucos, apareceron usurpadores e os elamitas invadiron o país de Lagash. As súas forzas desapareceron. Crese que estes reis non foron incluídos na lista debido ás constantes hostilidades entre Lagash e os reinos de e Kish, Ur e Uruk.
Protodinástico I, Reis de antes do diluvio, lendarios
"Despois disto a realeza foi a Eridug (Eridu). En Eridug, Alulim foi rei e gobernou 28800 anos."
Eridu
Alulim de Eridug: 28800 anos. Alalgar de Eridug: 36000 anos. En-Men-Lu-Ana de Badtibira: 43200 anos. En-Men-Gal-Ana de Badtibira: 28800 anos. Dumuzid de Badtibira: 36000 anos. En-Sipad-Zid-Ana de Larak: 28800 anos. En-Men-Dur-Ana de Zimbir: 21000 anos. Ubara-Tutu de Shuruppak 18600 anos.
Protodinástico II, Reis mitolóxicos.
"Despois do diluvio a realeza pasou a Kish"
Primeira Dinastía de Kish
Kullassina-bel de Kish: 960 anos. Nangishlishma de Kish: 670 anos. En-Tarah-Ana de Kish: 420 anos. Babum de Kish: 300 anos. Puannum de Kish: 840 anos. Kalibum de Kish: 960 anos. Kalumum de Kish: 840 anos. Zuqaqip de Kish: 900 anos. Atab de Kish: 600 anos. Mashda de Kish: 840 anos. Arwium de Kish: 720 anos. Etana de Kish: 1500 anos. Balih de Kish: 400 anos. En-Me-Nuna de Kish: 660 anos. Melem-Kish de Kish: 900 anos. Barsal-Nuna de Kish: 1200 anos. Zamug de Kish: 140 anos. Tizqar de Kish: 305 anos. Ilku de Kish: 900 anos. Iltasadum de Kish: 1200 anos. En-Men-Barage-Si de Kish, que conquistou Elam: 900 anos. Aga de Kish: 625 anos.
"Entón Kish foi derrotado e a realeza pasou a Eana (Uruk)"
Primeira Dinastía de Uruk
Mesh-ki-ang-gasher de E-ana, fillo de Utu: 324 anos (Mesh-ki-ang-gasher gañou ao mar e desapareceu). Enmerkar, que fundou Unug: 420 anos. Lugalbanda de Unug: 1200 anos. Dumuzid de Unug, o pescador: 100 anos. Capturou a En-Me-Barage-Si de Kish. Gilgamesh, o seu pai foi un fantasma, señor de Kulaba: 126 anos. Ur-Nungal de Unug: 30 anos. Udul-Kalama de Unug: 15 anos. A-Ba'shum de Unug: 9 anos. En-Nun-Tarah-Ana de Unug: 8 anos. Mesh-He de Unug: 36 anos. Melem-Ana de Unug: 6 anos. Lugal-Kitun de Unug: 36 anos.
(Outros soberanos coñecidos por inscricións non constan nas listas de Reis).
"Entón Unug (Uruk) foi derrotado e a realeza pasou a Urim (Ur)"
Primeira dinastía de Ur sobre o -2500
Mesh-Ane-Pada de Urim: 80 anos. Mesh-Ki-Ang-Nanna de Urim: 36 anos. Elulu de Urim: 25 anos. Balulu de Urim: 36 anos.
"Entón Urim (Ur) foi derrotada e a realeza pasou a Awan".
Protodinástico III
(A primeira Dinastía de Lagash é coñecida polas inscricións pero non se cita na lista de reis).
Tres reis de Awan, gobernando un total de 356 anos.
"Entón Awan foi derrotado e a realeza pasou a Kish".
Segunda Dinastía de Kish
Susuda de Kish: 201 anos. Dadasig de Kish: 81 anos. Mamagal de Kish: 360 anos. Kalbum de Kish: 195 anos. Tuge de Kish: 360 anos. Men-Nuna de Kish: 180 anos. ? de Kish: 290 anos. Lugalngu de Kish: 360 anos.
"Entón Kish foi derrotado e a realeza pasou a Hamazi".
Hadanish de Hamazi: 360 anos.
"Entón Hamazi foi derrotada e a realeza pasou a Unug (Uruk)".
Segunda Dinastía de Uruk
En-Shakansha-Ana de Unug: 60 anos. Lugal-Ure (o Lugal-Kinishe-Dudu) de Unug: 120 anos. Argandea de Unug: 7 anos.
"Entón Unug (Uruk) foi derrotada e a realeza pasou a Urim (Ur)".
Segunda dinastía de Ur
Nani de Urim: 120 anos. Mesh-Ki-Ang-Nanna de Urim: 48 anos. ? de Urim: 2 anos.
"Entón Urim (Ur) foi derrotada e a realeza pasou a Adab".
Adab
Lugal-Ane-Mundu de Adab: 90 anos.
"Entón Adab foi derrotada e a realeza pasou a Mari".
Mari
Anbu de Mari: 30 anos. Anba de Mari: 17 anos. Bazi de Mari: 30 anos. Zizi de Mari: 20 anos. Limer de Mari: 30 anos. Sharrum-Iter de Mari: 9 anos.
"Entón Mari foi derrotada e a realeza pasou a Kish".
Terceira Dinastía de Kish
Kug-Baba de Kish: 100 anos (Kug-Baba é a única muller na lista de reis).
"Entón Kish foi derrotada e a realeza pasou a Akshak".
Akshak
Unzi de Akshak: 30 anos. Undalulu de Akshak: 6 anos. Urur de Akshak: 6 anos. Puzur-Nirah de Akshak: 20 anos. Ishu-Il de Akshak: 24 anos. Shu-Sin de Akshak: 7 anos.
"Entón Akshak foi derrotada e a realeza pasou a Kish".
Cuarta Dinastía de Kish
Puzur-Sin de Kish: 25 anos. Ur-Zababa de Kish: 400 (6?) anos. Zimudar de Kish: 30 anos. Ussi-Watar de Kish: 7 anos. Eshtar-Muti de Kish: 11 anos. Ishme-Shamash de Kish: 11 anos. Shu-Ilishu de Kish: 15 anos. Nanniya de Kish: 7 anos.
"Entón Kish foi derrotada e a realeza pasou a Unug (Uruk)".
Terceira Dinastía de Uruk
Lugal-Zage-Si de Unug: 25 anos (-2259 – -2235 na cronoloxía mínima) derrota en Lagash.
Acad
Sargón, cuxo pai era xardineiro, ou copeiro de Ur-Zababa, rei de Agadé, que construíu a cidade: 56 anos (ca. -2235 cronoloxía mínima) Rimush, fillo de Sargón: 9 anos. Man-Ishtishu, irmán máis vello de Rimush: 15 anos. Naram-Sin, fillo de Man-Ishtishu: 56 anos. Shar-Kali-Sharri, fillo de Naram-Sin: 25 anos. "Quen foi rei? Quen non foi rei?" Irgigi, Imi, Nanum, Ilulu: os catro simultaneamente gobernaron durante tres anos. Dudu: 21 anos. Shu-Durul, fillo de Dudu: 15 anos.
"Entón Agadé (Akkad) foi derrotada e a realeza pasou a Unug (Uruk)".
Cuarta Dinastía de Uruk
(probabelmente gobernaron a Baixa Mesopotamia simultaneamente coa dinastía de Akkad). Ur-Ningin de Unug: 7 anos. Ur-Gigir de Unug: 6 anos. Kuda de Unug: 6 anos. Puzur-Ili de Unug: 5 anos. Ur-Utu (ou Lugal-Melem) de Unug: 25 anos.
"Entón Unug (Uruk) foi derrotada e a realeza pasou ao exército dos Guti ".
Período Guti
"No exército dos Guti os primeiros reis non foron coñecidos; tiñan reis propios que gobernaban por tres anos"
Inkishush de Gutium: 6 anos. Zarlagab de Gutium: 6 anos. Shulme (o Yarlagash) de Gutium: 6 anos. Silulumesh (o Silulu) de Gutium: 6 anos. Inimabakesh (o Duga) de Gutium: 5 anos. Igeshaush (o Ilu-An) de Gutium: 6 anos. Yarlagab de Gutium: 3 anos. Ibate de Gutium: 3 anos. Yarla de Gutium: 3 anos. Kurum de Gutium: 1 ano. Apil-Kin de Gutium: 3 anos. A-Erabum de Gutium: 2 anos. Irarum de Gutium: 2 anos. Ibranum de Gutium: 1 ano. Hablum de Gutium: 2 anos. Puzur-Sin de Gutium: 7 anos. Yarlaganda de Gutium: 7 anos. ? de Gutium: 7 anos. Tiriga de Gutium: 40 anos.
Uruk
Utu-hengal de Unug, expulsa aos Guti.
Terceira dinastía de Ur
"Renacemento Sumerio"
Ur-Nammu de Urim: 18 anos goberna sobre o -2065 – -2047 na cronoloxía mínima. Shulgi: 46 anos goberna sobre o -2047 – -1999 na cronoloxía mínima. Amar-Sina de Urim: 9 anos. Shu-Sin de Urim: 9 anos. Ibbi-Sin de Urim: 24 anos.
"Entón Urim(Ur) foi derrotada e a realeza pasou a Isín"
Dinastía de Isín
Estado amorita independente da Baixa Mesopotamia. A dinastía acaba sobre o -1730 na cronoloxía mínima.
Ishbi-Erra de Isín: 33 anos. Shu-ilishu de Isín: 20 anos. Iddin-Dagan de Isín: 20 anos. Ishme-Dagan de Isín: 20 anos. Lipit-Eshtar de Isín: 11 anos. Ur-Ninurta de Isín (fillo de Ishkur): 28 anos. Bur-Sin de Isín: 5 anos. Lipit-Enlil de Isín: 5 anos. Erra-Imitti de Isín: 8 anos. Enlil-Bani de Isín: 24 anos. Zambiya de Isín: 3 anos. Iter-Pisha de Isín: 4 anos. Ur-Dul-Kuga de Isín: 4 anos. Sin-Magir de Isín: 23 anos.
"Son 11 cidades alá onde a realeza foi exercida. Un total de 134 reis que en conxunto reinaron máis de 28.876 anos".
Categoría:Mesopotamia Categoría:Historia de Iraq Categoría:Reis de Sumeria Categoría:Listas de monarcas