Este artigo trata dunha peza de equipamento deportivo; non confundir con halterio, termo de zooloxía. miniatura|Haltere fixo, cunha masa de 4 kg. miniatura|Haltere axustábel con porcas.
Un haltere é unha peza de equipamento deportivo utilizado en musculación. Consiste en varios pesos unidos por unha barra. Cando pode ser sostido nunha man, denomínase haltere de man, haltere curto ou peso de man. Durante moito tempo estes pesos foron utilizados, por pares, por loitadores, culturistas, atletas e por persoas que desexan aumentar a forza e o volume dos seus músculos en xeral.
Os halteres modernos poden ser de metal, de PVC ou doutros materiais. Tamén poden suxeitarse con velcroRecomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC (marca rexistrada), sistema constituído por dúas tiras de tea diferentes que se unen por presión e se separan por tracción, unido aos pulsos ou aos nocellos.
Historia miniatura|Haltere da Grecia antiga. Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. Os halteres eran un tipo de pesos duplos utilizados na Antiga Grecia, nos deportes. Poe exemplo, eran usados no levantamento de pesas (desta mesma orixe deriva o termo deportivo halterofilia), e tamén como pesos na versión antiga do salto de lonxitude, que probabelmente consistía nun conxunto de tres saltos.
No salto, os halteres levábaas o atleta en ambas as mans para poder saltar a unha distancia maior. Talvez as deixaban caer tras o primeiro ou o segundo salto. Segundo evidencias arqueolóxicas, o atleta balancearía os pesos cara a atrás e logo o botaba cara a adiante xusto antes do salto e faríaas pivotar cara a atrás xusto antes de liberalas e chegar o saltador ao chan.
A principios do século XVII xa existían halteres coa familiar forma de dous pesos iguais unidos por un eixo.
Tipos de halteres modernos Os halteres pódense dividir en tres tipos:
Halteres axustábeis: formadas por unha barra de metal cuxa parte central pode ser rugosa para mellorar o agarrado. Os pesos (discos) encáixanse nos extremos da barra e axústanse con clips ou porcas. Halteres de peso fixo: son pesos creados con forma de haltere. Os máis caros fabrícanse con aceiro fundido, ás veces recuberto de goma por seguridade. Os de menor prezo adoitan estar fabricados en plástico e recheas de cemento. Halteres "seleccionábeis": son halteres cuxo peso se pode cambiar de xeito mecánico mediante un dial ou outro medio. Isto fai moi sinxelo o troco de peso entre exercicios.
Etimoloxía A palabra haltere provén do grego antigo ἁλτῆρες altḗres, un derivado do verbo ἅλλομαι hállomai, 'saltar', 'lanzarse'. (Cf. ἅλμα hálma, 'saltando').ἁλτῆρεςἅλλομαιἅλμα
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Halterio Halterofilia
Ligazóns externas Dumbbells the definitive guide
Categoría:Deporte Categoría:Culturismo Categoría:Grecia antiga Categoría:Exercicio físico