A dos paurópodospaurópodos no dicionario da RAG.paurópodo -da 1 adx Relativo ou pertencente aos paurópodos. 2 s m ANIMAL Artrópodo da clase dos paurópodos. 3 s m pl ANIMAL Clase de artrópodos, da superclase dos miriápodos, que presentan o corpo de pequeno tamaño, dividido en 11 segmntos, cun par de patas en cada un dos nove primeiros segmentos, antenas bifurtcadas, coas pezas bucais simples e febles, cun par de mandíbulas non artelladas e un só par de maxilas máis ou menos fusionadas. Carecen de aparato respiratorio e circulatorio diferenciado. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7. (Pauropoda) son unha clase de miriápodos diminutos (de 0,5 a 2 mm), corpo brando, coas antenas ramificadas e con entre 9 e 11 pares de patas. Viven en lugares húmidos e son saprófagos. Saen do ovo con só tres pares de patas. Coñécense entre 500Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3. e 715Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN 978-0-6425-6861.8 especies.
Características Os paurópodos teñen a cutícula branda, sen calcificar. Non teñen ollos, aínda que presentan un par de órganos sensoriais con aspecto de ollos; as antenas posúen entre catro e seis artellos sobre os que se insiren dúas curtas ramas provistas de flaxelos. As pezas bucais constan dun par de mandíbulas, e o primeiro par de maxilas fusionadas entre si orixinando un gnatoquilario; falta o segundo par de maxilas. Os gonóporos (poros xenitais) ábrense no terceiro segmento do tronco. Carecen de aparatos respiratorio e circulatorio.
Historia natural Os paurópodos móvense de maneira característica, con movementos rápidos e bruscos cambios de dirección. Viven no solo, no humus, baixo pedras, troncos en descomposición, etc., e aliméntanse de fungos e materia orgánica en descomposición.
Taxonomía Descrición A orde dos Payropoda foi descrita en 1868 polo prehistoriador e naturalista británico John Lubbock.
Etimoloxía O nome científico Pauropoda é un substantivo neutro plural que está formado polos elementos do latín científico pauro- e -poda, tirados do grego antigo παῦρος paûros, 'pouco', e πούς, ποδός poús, podós, 'pé', 'perna', 'pata'. Litelamente: 'os de poucas patas'.pauropoda no memidex.com.pauropoda no Oxford Living Dictionaries.
Ordes Scheller, en 2008, propuxo unha clasificación dos parópodos que comprende dúas ordes, que inclúen 9 familias, 40 xéneros e ao redor de 780 especies,Ulf Scheller, (2008): "A reclassification of the Pauropoda (Myriapoda)". International Journal of Myriapodology 1 (1): 1–38. clasificación que segues a maioría dos científico contemporáneos.
(Para outras clasificacións, véxanse Fauna Europaea, ITIS e WoRMS nas ligazóns externas).
Clase Pauropoda Lubbock, 1868 Orde Hexamerocerata Remy, 1950. Inclúe especies que posúen seis artellos no pedicelo antenal. Son todos tropicais. Orde Tetramerocerata Remy, 1950. Inclúe especies que posúen catro artellos no pedicelo antenal. Viven tamén en rexións temperadas.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Barber, A. D. (2009): "Littoral myriapods. A review". Soil Organisms 81 (3): 735-760. Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8. Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.
.
Outros artigos Quilópodos Diplópodos Sínfilos
Ligazóns externas Pauropoda no Tree of Life. Pauropoda en Fauna Europaea. Pauropoda no ITIS. Pauropoda na ADW. Pauropoda no NCBI. Checklist of British Pauropoda . Natural History Museum.
Categoría:Miriápodos