Agustín Veiga Mejuto, coñecido como Cacharrón, nado en Ferrol cara a 1899 e finado o 5 de marzo de 1938, foi un político galego.
Traxectoria Xornaleiro. Membro da Agrupación Socialista de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en Ferrol en consello de guerra con Luís Abella Beade, Luís González Díaz, Moisés Lago Lorenzo, Gonzalo Moreno Calvo, Antonio Pena Fernández e José Silva Fernández.Requisitoria, La Voz de Galicia, 7-1-1937, p. 6. Acusado de adhesión á rebelión, foi condenado á pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 5 de marzo de 1938 con Pedro Dobarro Regueira.
O seu irmán Antonio Veiga Mejuto foi un guerrilleiro antifranquista.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Censo de Represaliados de la UGT
Categoría:Políticos do PSOE
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en 1899 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos