Urbano Fernández Bastos,Nalgunhas fontes aparece como Urbano Suárez Bastos. coñecido como Fotógrafo ou Roque, nado en Cabral (Lavadores) e finado en Louredo (Mos) o 14 de agosto de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fotógrafo de Cabral. Integrouse en 1943 no grupo de Manuel Simón Campos. O 14 de agosto de 1945 o grupo estableceu un control na estrada de Vigo a Ourense (N-120), a tres quilómetros do Porriño e apoderáronse de 32.000 pesetas nun vehículo da empresa Distribuidora de Huevos de Jimeno y Cía. Inmediatamente as forzas da Garda Civil estableceron un cerco para deter aos guerrilleiros e Urbano Fernández foi abatido no monte Saramagoso xunto con José García Morales.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Fotógrafos de Galicia