Ponte Arnelas é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 44 habitantes no ano 2025, dos que 25 eran mulleres e 19 homes, o que representa un aumento respecto ó ano 2016, cando tiña 37 veciños, pero un descenso respecto a 2010, cando eran 47.

Forma, xunto a Ponte Arnelas, do concello limítrofe de Ribadumia, un mesmo núcleo urbano, dividido polo río Umia: Baión esténdese pola beira dereita do río -con 44 habitantes en 2025- e Leiro (Ribadumia) pola esquerda, co tiplo de veciños, 118. A Ponte dos Padriños, que une os dous lugares, foi unha das pontes senlleiras onde se practicaba o ritual do bautismo anticipado.

Festas e tradicións O 29 de xullo celébranse as festas de Santa Marta (irmá de Lázaro), moi populares no Salnés. A tradición popular considera a esta santa avogosa contra a dos de oídos, polo que os fieis adoitan mollar un pano no aceite bendito da capela para curar as súas doenzas .

Durante estas festas, que se prolongan durante tres días, é típico comer unha tapa de polbo .

Lugares e parroquias Lugares de Baión

Parroquias de Vilanova de Arousa

Categoría:Lugares de Vilanova de Arousa Categoría:Lugares divididos entre dous concellos