Automatic é o terceiro álbum da banda escocesa de rock alternativo The Jesus and Mary Chain, publicado o 9 de outubro de 1989 a través do selo Blanco y Negro Records. A formación neste disco está formado basicamente polo núcleo composto polos irmáns William e Jim Reid cunha caixa de ritmos proporcionando a percusión e un sintetizador enchendo os ocos do baixo. O único outro músico acreditado no álbum foi Richard Thomas, que se uniu á banda de xira como batería. Thomas toca en "Gimme Hell", foi un antigo membro de Dif Juz e tamén aparece nos discos Victorialand de Cocteau Twins e Filigree & Shadow de This Mortal Coil.
Listaxe de cancións Vinilo e casete
CD
Categoría:Álbums de The Jesus and Mary Chain Categoría:Álbums musicais de 1989 Categoría:Álbums de Blanco y Negro Records