Satellite pour Astronomie Radio Amateur, denominado ás veces Satellite Amateur de Radio-Astronomie e tamén coñecido polo seu acrónimo, SARA, foi un observatorio espacial francés lanzado o 17 de xullo de 1991 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.

Características A misión de SARA foi estudar as emisións radioeléctricas provenientes de Xúpiter.

O satélite tiña forma de cubo de 45 cm de lado e foi construído pola asociación ESIEESPACE. Levaba seis antenas despregables de 10 m de longo e a enerxía era proporcionada por células solares que recubrían os lados do satélite. Coas antenas, SARA era capaz de observar as ondas de radio de Xúpiter en frecuencias entre 2 e 15 MHz e calcular a súa amplitude media cada 150 segundos, co que complementou os datos recollidos polas sondas Ulysses e Galileo. Dúas das antenas funcionaban tamén como transmisores para enviar datos a terra. Ademais, a temperatura do satélite e a voltaxe da súa batería eran enviados mediante telemetría en tempo real ao centro de operacións como experimento tecnolóxico.

SARA foi lanzado a unha órbita inicial de 734 km de apoxeo, 726 km de perixeo, 98,1 graos de inclinación orbital e un período orbital de 99 minutos.

Véxase tamén Outros artigos Ariane 4

Notas

Categoría:Satélites artificiais