Os wanano, kotíriâ ou decosirumara son unha etnia indíxena que habita a ambos os dous lados do río Vaupés no departamento colombiano de Vaupés e o estado de Amazonas. Son unhas 4 mil persoas.

Pescan diferentes especies de peixes, con diferentes clases de trampas que fabrican e tamén con redes, arco e frecha. Constrúen grandes canoas e troncos baleirados e son excelentes navegantes. Cazan con escopeta ou tiratacos e tamén con trampas para capturar aves ou roedores e cun pegante ñimi di que extraen do froito wosokü, ó que quedan adheridas algunhas aves, ó pousarse sobre el. Practican a agricultura itinerante, estabelecendo chagras mediante o método de tumba e queima, nas cales domina o cultivo de mandioca amarga, á beira do de diversas especies.

miniatura|250px|Danza das máscaras, 1933. Celebran as colleitas coa festa do dabucuri e ademais realizan o "baile do achiote" bhusiobasa.

A súa propia lingua, a lingua wanano, pertence á póla oriental das linguas tucanas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Santacruz, Jesús (1977) "Creación del hombre y rigen de las tribus según la historia de los Guananos (Vaupés)"; Almas 398: 2-7. Bogotá. Waltz, Nathan e Carolyn (1979) "Guanano"; Aspectos de la Cultura Material de Grupos Étnicos de Colombia I: 125-137. ILV. Lomalinda: Editorial Townsend.

Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia

Categoría:Pobos indíxenas do Brasil Categoría:Pobos indíxenas de Colombia