Francisco Javier Quintas Ferreño, nado en Tui en 1979, é un docente e historiador galego.
Traxectoria Licenciado en Humanidades, mestrado en Tic aplicadas a Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e en Investigación Psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares pola Universidade de Vigo. É profesor de educación secundaria. Investigador e Delegado da Fundación Luís Tilve en Ourense, é membro do consello de redacción da revista institucional Claridade. Estuda os movementos sociais e obreiros na provincia de Ourense.
Entre os anos 2018 e 2019 foi Secretario Provincial de Memoria Histórica do PSdeG-PSOE de Ourense. Desde 2025 é Secretario de Relacións Institucionais da Unión Comarcal da UGT-Ourense, Valdeorras e Verín, así como Secretario de Memoria Democrática da Agrupación Local do PSdeG-PSOE da cidade de Ourense.
Obras Historia do movemento obreiro socialista en Ourense (1895-1936), 2012. A barbarie silenciada: Amoeiro 1936, 2014. Juan Sieiro González: Educador krausista, heterodoxo, masón, 2016. Lembranza a Secundino Couto Solla: o alcalde republicano-socialista de Canedo, 2018.
Véxase tamén Ligazóns externas Ourense Socialista. O Blog da Memoria Histórica Socialista en Ourense
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo