Tosta Banda é un grupo de música folk internacional que xurdiu no ano 2016. Está formado por músicos e cantantes de Escocia, Gales, Frisia, Galicia, Irlanda, País Vasco e Cornualla. Mixel Ducau é o director musical de Tosta Banda, e Igor Otxoa o director artístico. O seu primeiro álbum, “Tosta”, foi gravado nos estudios Elkar de Donostia, e mesturado no estudio “Musikart” de Amezketa, no País Vasco, estará dispoñible en outubro de 2017.
Traxectoria A orixe do nome do grupo, que se refire á bancada dun bote, provén dunha palabra que está presente en varias linguas minoritarias da costa atlántica europea. O seu repertorio está composto por cancións tradicionais das sete culturas de procedencia e novas composicións creadas por tódolos músicos que participan na banda. O proceso de formación do grupo comezou no ano 2016, ano durante o cal o grupo realizou unha xira en diferentes festivais de música folk nos países de orixe dos músicos, como o Atlantikaldia de Errenteria.
Membros Gwilym Bowen Rhys: voz, guitarra acústica e mandolina Mónica de Nut: voz e pandeireta Caoimhín Ó Fearghail: voz, bouzouki e frauta Bec Applebee: voz e percusión Rona Wilkie: voz e fiddle Marit Talens: voz e percusión Mixel Ducau: alboka, ttun ttun, clarinete, saxofón soprano e guitarra acústica Iñigo Egia: percusión Mikel Ugarte: txalaparta Ixi Jauregi: voz, txalaparta e pandeireta
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais formados en 2016