A dos uropixios (Uropygi) é unha orde de arácnidos que inclúe case 150 especies,Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618. que se distribúen nas rexións tropicais e subtropicais do globo, onde viven debaixo das rochas e de troncos de árbores.
Todas as especies actuais inclúense na familia dos Thelyphonidae.Thelyphonidae Lucas, 1835 no ITIS.
Apareceron no rexistro fósil no carbonífero.Thelyphonida en Fossilworks.
Características Carecen de glándulas velenosas pero teñen glándulas anais coas que expulsan un líquido con cheiro a vinagre, inofensivo para os humanos. Miden entre 2 e 15 cm. Son de cor café-avermellada ou escuros e presentan un longo flaxelo multiarticulado ao final do corpo. Teñen hábitos nocturnos e son carnívoros.
Como os demais arácnidos, os uropixios teñen o corpo dividido en dúas rexións ou tagmas, o prosoma (tronco ou cefalotórax) e o opistosoma (abdome).
Prosoma Dorsalmente presenta un escudo no que se sitúan un par de ollos simples medios, anteriores, e un grupo de tres ocelos laterais; ventralmente presenta tres placas.
Os quelíceros son pequenos e están compostos de dous artellos, o basal en forma de talo e o distal en forma de uña. Os pedipalpos presentan forma de quela moi basta; presentan ornamentacións chamadas apófises, coas cales o animal tritura o alimento para despois introducilo na boca. Dos catro apéndices ambulatorios (patas), o primeiro é máis longo e de tipo anteniforme, os seguintes tres son locomotores.
Opistosoma Está composto por 12 metámeros ou segmentos, o primeiro forma un pedicelo que se une ao prosoma, o segundo corresponde ao xenital cuberto cun opérculo, e lateralmente presenta espiráculos respiratorios, o metámero 12 leva un característico flaxelo multiarticulado, ademais do ano e os orificios das glándulas anais que se abren a cada lado do ano, polos que segregan unha substancia líquida de olor similar ao do vinagre. Este líquido está composto dun 84 % de ácido acético, un 5 % de ácido cáprico e un 11 % de auga; de función tanto defensiva como ofensiva, lánzao contra as súas presas (xeralmente outros artrópodos), que debilita a cutícula facilitando así a súa captura coa axuda dos pedipalpos; este líquido é inofensivo para os seres humanos. O pedicelo permite levantar o opistosoma para dirixir o chorro do líquido. posteriormente as presas son tomadas cos pedipalpos e logo transportadas aos quelíceros. Os uropixios realizan unha predixestión externa (similar á de todos os arácnidos).
O sistema excretor está composto por un par de glándulas coxais que desembocan baixo o último par de apéndices locomotores; ademais teñen tubos de Malpighi e nefrócitos,Célula especializada, especialmente nos artrópodos, cuxa función consiste na acumulación ou formación de produtos residuais ou excretorios. que se encontran ao redor das filotraqueas.
Hábitat O maior número de especies de uropixios localízase nas zonas tropicais e subtropicais, onde a humidade ambiental, relativamente abundante, é a adecuada para o perfecto desenvolvemento destas criaturas. Porén, é posíbel encontrar algunhas especies tamén en zonas máis ou menos secas, aínda que neste caso a súa actividade desenvóvese sempre durante as horas nocturnas.
Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1883 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell,Uropygi Thorell, 1883 no ITIS. na súa obra:
Thorell, T. T. (1883): "Descrizione di alcuni Aracnidi inferiori dell'Arcipelago Malese". Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova, vol. 18, pp. 21-69.
Etimoloxía O nome científico Uropygi deriva do grego antigo οὐροπύγιον ouropýgion, voz formada por οὐρά ourá, 'cola', e πυγή pygḗ, 'traseiro', 'rabadilla', 'ano'. O -i- final indica substantivo latino plural. Literalmente: 'os de cola traseira'.Uropygi en EngYes.
Clasificación miniatura|250px|Mastigoproctus giganteus na man dun home, para apreciar o seu tamaño. miniatura|250px|Detalle do flaxelo terminal do opistosoma de Mastigoproctus giganteus. miniatura|250px|Primeiro plano dun Thelyphonus, onde se aprecian os pedipalpos.
Segundo o ITIS a clasificación da orde é a seguinte:
Orde Uropygi Thorell Superfamilia Thelyphonoidea Lucas, 1835 Familia Thelyphonidae Lucas, 1835 Subfamilia Thelyphononinae Pocock, 1899 Xénero Ravilops Víquez & Armas, 2005 Xénero Valeriophonus Víquez & Armas, 2005 Subfamilia Hypoctoninae Pocock, 1899 Hypoctoninae Pocock, 1899 no ITIS. Xénero Etienneus Heurtault, 1984 Xénero Hypoctonus Thorell, 1888 Xénero Labochirus Pocock, 1894 Xénero Thelyphonellus Pocock, 1894 Subfamilia Mastigoproctinae Speijer, 1933 Mastigoproctinae Speijer, 1933 no ITIS. Xénero Mastigoproctus Pocock, 1894 Xénero Mayacentrum Víquez & Armas, 2006 Xénero Mimoscorpius Pocock, 1894 Xénero Uroproctus Pocock, 1894 Subfamilia Thelyphoninae Lucas, 1835 Thelyphoninae Lucas, 1835 no ITIS. Xénero Abaliella Strand, 1928 Xénero Chajnus Speijer, 1936 Xénero Ginosigma Speijer, 1936 Xénero Glyptogluteus Rowland, 1973 Xénero Minbosius Speijer, 1933 Xénero Tetrabalius Thorell, 1888 Xénero Thelyphonus Latreille, 1802 Subfamilia Typopeltinae Rowland & Cooke, 1973 Typopeltinae Rowland & Cooke, 1973 no ITIS. Xénero Typopeltis Pocock, 1894
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dunlop, Jason A. & Horrocks, Carl A. (1996): "A new Upper Carboniferous whip scorpion (Arachnida: Uropygi: Thelyphonida) with a revision of the British Carboniferous Uropygi". Zoologischer Anzeiger, 234: 293–306. Rowland, J. Mark & Cooke, John A. L. (1973): "Systematic of the Arachnid Order Uropygida (= Thelyphonida)". ''Journal of Arachnology, 1: 55-71. PDF
Outros artigos Arácnidos
Ligazóns externas Uropygi Thorell, 1883 no ITIS. Uropygi na EOL. Thelyphonida en Fossilworks. Uropygi en Fauna Europaea. Uropygi no NCBI. Uropygi en BoldSystems . Uropygi en BugGuide . Uropygi no GBIF .
Categoría:Arácnidos