O herpes simple (do latín herpes, e do grego ἕρπης, «reptar») é unha doenza infecciosa inflamatoria de tipo vírico, que se caracteriza pola aparición de lesións cutáneas formadas por pequenas vesículas agrupadas en acio e rodeadas dun aro vermello.Herpes, entrada en el Diccionario de la Real Academia de la Lengua Española É causada polo virus herpes simplex, ou virus herpes hominis, de tipo I (VHS-1) que afecta cara, beizos, boca e parte superior do corpo, e de tipo II (VHS-2) que se presenta máis frecuentemente en xenitais e parte inferior do corpo. No presente, non existe cura definitiva para o herpes.Herpes simplex. Con todo hai varias formas de tratamento dispoñibles para reducir os síntomas e acelerar o proceso de curación das lesións, tras o cal o virus persistirá de forma latente no organismo até a reaparición do seguinte episodio activo. Os tipos de herpes simple débense distinguirse do herpes zóster que é unha entidade nosolóxica totalmente distinta. miniatura|200x200px|Virus de herpes.
Contaxio do herpes O virus do herpes simple pode atoparse nas vesículas causadas e ser liberados polas mesmas. Polo xeral, unha persoa adoita infectarse co HSV-II durante a relación sexual con alguén que teña a infección por HSV-II xenital. A transmisión pode darse a partir dunha parella sexual infectada que non ten unha vesícula visible e que non saiba que está infectada (sempre que haxa vesículas).
O tipo I só é responsable, aproximadamente, do 5 ao 10% dos herpes xenitais, aínda que ambos os virus poden ser transmitidos por contacto sexual. A infección inicial de herpes oral ocorre normalmente na nenez e non está clasificada como unha enfermidade de transmisión sexual. O 80% da poboación adulta é candidata a portar o HSV-1 e adoita adquirilo dunha forma non sexual.
Notas
Categoría:Doenzas da pel Categoría:Doenzas de transmisión sexual Categoría:Doenzas virais