San Cibrao de Montecubeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 261 habitantes (133 homes e 128 mulleres), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 294 habitantes.
Historia Na parroquia consérvanse restos de tres poboados castrexos: o castro da Graña, o de Meixide e o de Sarceda.
Ao redor do ano 774 (probablemente entre 774 e 783) tivo lugar a batalla de Montecubeiro, na que as tropas do rei Silo derrotaron ós rebeldes galegos que se alzaran contra a dominación ástur.
Na idade media construíuse o mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro. Segundo o catastro do ano 1752 a freguesía chamábase Couto de San Cibrao de Montecubeiro, e compoñíase de 150 casas habitábeis, unha delas servía de cárcere. Nesa época había unha taberna, dous tendeiros de panos, doce arrieiros, un carpinteiro, tres albaneis, dous ferreiros, vinte e oito tecedoras, cinco xastres e seis zapateiros. A parroquia tivo xurisdición propia, na que se incluía Mirandela.
En marzo do ano 1890 afectou á toda a parroquia Gaceta de Galicia, 12 de marzo de 1890, px. 2. e ás da rodeada unha epidemia, posiblemente de gripe. No 1891 a composición "A véspera de San Xoán de Montecubeiro" foi rexistrada nun certame literario El Regional, xoves, 10 de setembro de 1891, px. 3. na cidade de Lugo e laureada cun accésit de honor. O autor, Luís González López vivira en Montecubeiro.
No século XIX e XX Montecubeiro foi concello de seu, unido despois ao concello de Castroverde. No ano 1931 constituíuse a Unión de Labradores de Montecubeiro.
Entre o seu patrimonio, amais dos restos castrexos e a igrexa parroquial, destaca a capela de Santadrao.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Montecubeiro
Parroquias de Castroverde
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Castroverde
Categoría:Parroquias de Castroverde Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrao