Antonio Riveira Ponte, finado en Vilarmaior o 21 de abril de 1947, foi un político galego.

Traxectoria Falanxista. Xefe local do Movimiento de Vilarmaior, foi cesado en novembro de 1941.El Compostelano, 13-11-1941, p. 6. En abril de 1942 foi multado con 5.000 pesetas pola Fiscalía Provincial de Taxas por venda de aceite e azucre a prezos abusivos.La Voz de Galicia, 16-4-1942, p. 2. Foi nomeado alcalde de Vilarmaior nos anos corenta. Foi executado pola IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia o 21 de abril de 1947 en represalia pola morte de Manuel Ponte Pedreira."Sentencia cumplida", La Voz de Galicia, 7-11-1948, p. 2. Foi soterrado no cemiterio da parroquia de Doroña onde se celebraron os funerais o 3 de maio.La Voz de Galicia, 1-5-1947, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Vilarmaior Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1947 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Asasinatos en Galicia