Luciano Bianchi, nado en Milán (Italia) o 10 de novembro de 1934 e finado en Le Mans o 30 de marzo de 1969, foi un piloto italo-belga, que competiu para os equipos Cooper, ENB, UDT Laystall e Scuderia Centro Sud, na Fórmula Un. participou nun total de 19 carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula Un, anotando seis puntos e o seu mellor resultado foi o terceiro posto no Gran Premio de Mónaco de 1968.

Morreu nun choque preparando as 24 Horas de Le Mans de 1969.

Traxectoria Trasladouse a Bélxica en 1946 cando aínda era un neno, co seu pai que traballaba como mecánico de carreiras, antes da segunda guerra mundial, no departamento de competición de Alfa Romeo. O seu sobriño neto, Jules Bianchi, que fixo o seu debut na Fórmula 1 co equipo Marussia na tempada competindo baixo a bandeira francesa, tamén morreu como resultado de lesións sufridas nun accidente de carreira.

Andaina nas carreiras A primeira carreira de Lucien Bianchi foi o Alpine Rally en 1951. Gañou o Tour de France de 1957, 1958 e 1959, así como a carreira de coches deportivos París 1000 os seus últimos dous anos.

Comezou na Fórmula Un en , aínda que só con aparicións esporádicas ao principio. Pilotou varios coches baixo a bandeira do equipo ENB, incluíndo un Cooper T51, un Lotus 18 e un Emeryson. Logo dun par de carreiras para o equipo UDT Laystall en , pilotando outro Lotus, volveu a ENB para quen pilotou o seu ENB-Maserati. Finalmente conseguiu un paso máis regular na Fórmula Un en , co equipo de Cooper-BRM, aínda que o éxito foi esquivo malia un comezo brillante. Bianchi logrou o seu mellor rendemento na Fórmula 1, terminando terceiro no Gran Premio de Mónaco de 1968, na súa primeira carreira con Cooper.

Bianchi tamén competiu en carreiras de coches de turismo, automóbiles deportivos e coches de rally, tendo exitoso en todas as disciplinas, a súa vitoria máis grande foi nas 24 Horas de Le Mans de 1968, ao volante dun Ford GT40 con Pedro Rodríguez e en Sebring en 1962 con Jo Bonnier. Tamén lideraba o London-Sydney Marathon cando oseu Citroën DS chocou cun coche que non competía.

Morreu cando o seu Alfa Romeo T33 trompeou e bateu contra un poste de telégrafo durante unhas probas no Circuíto de Le Mans en 1969.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Pts. Equipe National Belge Cooper T51 (F2) Climax V8 MONNSC 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA NC 0 Equipe National Belge Cooper T51 Climax 4 en liña ARX MON 500 NED BEL6 24º 1 Fred Tuck Cars Cooper T51 Climax 4 en liña FRARet GBRRet POR ITA USA Equipe National Belge Emeryson 1001 Maserati 4 en liña MONNSC NED NC 0 Lotus 18 Climax 4 en liña BELRet UDT Laystall Racing Team Lotus 18/21 Climax 4 en liña FRARet GBRRet ALE ITA USA Equipe National Belge Lotus 18/21 Climax 4 en liña NED MON BEL9 FRA GBR NC 0 ENB Maserati 4 en liña ALE16 ITA USA RSA Reg Parnell Racing Lola Mk4 Climax V8 MON BELRet NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA NC 0 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 RSA MON BEL12 FRA GBR NED ALE ITA USA MEX NC 0 Cooper Car Co. Cooper T86B BRM V12 RSA ESP MON3 BEL6 NEDRet FRA GBR ALERet ITA CANNC USANC MEXRet 17º 5

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas GrandPrix.com — Bianchi's entry at GrandPrix.com

Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Bélxica Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Nationale Belge Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de British Racing Partnership Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Reg Parnell Racing Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición Categoría:Nados en Milán